Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

O 29 de marzo, doazóns de sangue en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O luns 29 de marzo, na Plazuela, estará instalada a Unidade Móbil para a doazón de sangue de todas as persoas que o desexen.
O horario será de 10 a 14 horas pola mañá, e de 16 a 21 horas pola tarde.
Información: 900/100828.
O concello fai un chamamento aos veciños para que colaboren nestas campañas do SERGAS doando sangue. Temos unha moi boa taxa de doazóns por habitantes e resulta moi importante manter as cifras que indican a solidariedade desta vila compartindo saúde.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.