A alcaldesa de Pontecesures estivo na primeira subida ao Mirador da Azucreira en Portas.
Impresionante, espectacular, precioso…Quenes participaron na estrea do miradoiro da Azucreira de Portas non escatimaron en cualificacións para as apisaxes no máis alto da cheminea case 80 metros por enriba do solo, despois de que finalizasen as obras de instalacións das escaleiras metálicas e a Xusnta certificase o correcto funcionamento do ascensor interior. Unhas 110 persoas (alcaldes e representantes de munnicipios e institucións galegas e lusas que percorren o Camiño Portugués entre Oporto e Santiago) participaron na estrea.
Algúns subiron a pé os paroximadamente 320 banzos de escaleira de caracol e outors optaron por subirse ao ascensor, con percorrido que dura un minuto.
Na ascensión inaugural participaron, entro outros, os alcaldes de Portas, Caldas e Pontecesures, así como concelleiros de VAlga e representantes doutros municipios lusos e galegos, polos que discorre o Camiño Portugués cara a Santiago.
DIARIO DE AROUSA, 25/07/10
0 comentarios