Eloy Rodríguez Carbia: «O legado de Cela ten que permañecer en Iria».
Como membro do Concello e como veciño espera que a Xunta dé marcha atrás nas súas pretensión de levar os fondos do Nobel para Compostela ·· No dubida de que a xestión pública dará un xiro novo á fundación iriense
– Hai xa semanas que non se escoita barrullo algún ao redor do traslado dos fondos da Fundación Cela, ¿e a calma que precede a tormenta?
– Esperemos que non chegue a tormenta e que se teñan en conta os intereses dos padroneses e a vontade de don Camilo, que no seu momento quixo traer para Iria o seu inmenso legado. Eu falo dende o punto de vista dos padroneses, non coma político. Esperemos non ter que afrontar unha perda cultural tan perxudicial para Padrón e para o proxecto que ten o Concello para o conxunto de Iria Flavia.
-Es é o seu desexo, pero a realidade apunta ben distinto…
– Polas reunións que tivemos cos responsables da Consellería de Cultura esperemos que haxa unha marcha atrás nas pretensións iniciais da Xunta; que nos sentemos nunha mesa e que falemos as cousas. Dende o meu punto de vista non existen razóns fundamentadas para trasladar o legado de Cela dende a fundación a Cidade da Cultura. Nun principio falouse de traer para Santiago os manuscritos aducindo o seu estado de conservación. Pero si ata o de agora estiveron en Iria, non ten ningún sentido traelos aquí.
-O último que falaba a Xunta era de cesións temporais, pero iso tampouco goza do visto bo dos padroneses nin do Concello, ¿non?
– Non estamos a falar de cesión dun ano ou dous, senón de 50 anos, o que é moito máis seria. Nestes intres queremos que a Xunta diga cal é a súa idea para eses fondos, ao pasar a fundación de privada a pública, e que dalgún xeito, intentemos consensuar entre Concello de Padrón e Administración autonómica o mellor para a fundación e que non haxa saída de fondos.
– Sabemos que había unha serie de expertos, de técnicos que estaban analizando un pouco o legado de Cela para ver o que se podería mover ou o que non. ¿Teñen vostedes máis información sobre isto?
– Non. A última reunión que tivemos coa Consellería fai cuestión de tres meses. Dende aquela non tivemos ningunha outra comunicación de tipo oficial. Nos estamos no mesmo punto que estivemos sempre: impedir que se traslade ningún fondo documental do Nobel de Literatura de Iria Flavial
– Si asumimos que unha parte se vai a trasladar, porque ao fin e ao cabo é decisión da Xunta, ¿cáles son as condicións que poría Padrón?
– Padrón o que quere é que a fundación, e valga a redundancia, é que funcione e que a través dela se intente proxetar a obra do premio nobel padronés. Nestes momentos entendemos que hai que solventar moitas cousas dentro da fundación, dende o propio horario de visitas á mesma a un plan de divulgación da importancia que teñen as obras de don Camilo, porque moitos turistas e moitos visitantes e moita xente incluso de Padrón se lle pasa desapercibido o inmenso legado que hai dentro de Iria Flavia. Estamos a falar dunha das fundacións máis importantes non só de Galicia senón do Estado e como tal entendemos que hai que apoiala dalgún xeito para intentar que cambie na súa dinámica. Non pode estar pechada, por exemplo, no fin de semana, cando a xente pode ir a visitala.
-¿En qué sentido pensa vostede que vai mellorar coa mediación da Xunta de Galicia?
-O ser asumida a súa xestión pola Xunta terá unha mellora. Estou convencido de que vai a funcionar mellor e que tamén no aspecto da funcionalidade será distinta. Non se trata de descontextualizar o patimonio dun sitio para metelo noutro. Realmente a cultura como patrimonio documental ten un valor real no lugar onde se atopa. Don Camilo decía cando decidiu trasladar a Iria ese gran fondo documental propio que estaba a devolverlle á Galicia todo o que esta lle había dado, que non é outra que a propia vida. Asentar esa fundación na antiga Casa dos Coengos, en Iria foi como voltar as orixes. Non a fundou en Betanzos, en Noia ou en Santiago, senon en Iria e ahí debe permañecer. E, repito, non ten ningún sentido que estemos descapitalizando un legado tan importante como este, sacandoo do seu lugar para levalo a outro lado con explicacións que eu non poder compartir. No noso arquivo histórico temos documentos importantísimos do século XII, por isa regra de tres non os imos a traer para a Cidade da Cultura, ¿non?
-Ata onde están dispostos a chegar Concello e pobo de Padrón na defensa destas teorías. Nos derradeiros meses xa vimos manifestacións, recollidas de firmas…
– Os veciños están enormemente sensibilizados co tema. O que queren é que se recoñeza que as cousas de Padrón son de Padrón. Son conscientes do traballo que se está a facer de recuperación, rehabilitación do noso propio patrimonio e nesa línea non hai voces discordantes. Ese apoio veciñal nos empuxa a defender que o que é de Padrón permañezca en Padrón. Queremos que ese legado quede en Iria e niso somos unha soa voz.
– O Concello de Padrón forma parte do padroado da fundación, como tal ¿non puido percatarse antes do que lle viña enrriba a fundación?
– Como edil de Cultura eu non estou no padraodo, correspóndelle ao alcalde. Polo que a min se me manifestou non houbo marxen de maniobra e cando a houbo só foi a través dunha votación onde o único voto discordante foi o de Padrón. Tampouco se puido facer moito máis que manifestarnos en contra do traslado dos bens documentais da Fundación Cela
En canto a situación económica, a Fundación Cela sempre recibiu fondos doutras administracións públicas. ¿Como chegou a ese desfase económico?
– Nos concediámoslle á fundación como Concello 24.000 euros que se xustificaban sempre impecablemente. En canto á contabilidade a fundación tiña auditorías externas que presentaban sempre un balance normal, ata a última noa que houbo un desfase. Dende o meu punto de vista a xestión da fundación non foi a correcta, porque senón non se houbera chegado a este punto
-Hai convencemento de que a cousa cambie, non só dende o punto de vista económico senón de achega á sociedade…
– Creo que sí. Estou plentamente convecido da xestión púlbica. Hai moito por facer e ahí é donde radica a esperanza de que a fundación ten futuro, moito futuro. E cuestión de bos xestores e de xente comprometida coa fundación. Con eses ingredintes, o éxito está garantido.
-Quedámonos con esa mensaxe optimista e a ver que sucede.
El perfil-Nació el 15 de agosto de 1959 no lugar de Estramundi, Padrón
-Estudou Maxisterio en Compostela, despois licenciouse en Historia, tamén en Santiago, e por último, diplomouse en Arqueoloxía e Historia da Antigüedade
-? funcionario de carreira pero agora adícase unicamente ao Concello de Padrón, sendo concelleiro de Cultura, Patrimonio e Obras, entre outras.
-No seu tempo libre gústalle ler e investigar sobre documentación antiga e conservación do patrimonio, un dos seus puntos flacos.
TIERRAS DE SANTIAGO, 19/10/10
0 comentarios