Angueira volve optar á Alcaldía de Pontecesures porque sente «obriga moral».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Manuel Luis Álvarez Angueira preséntase por sexta vez á Álcaldía de Pontecesures, segundo anunciou onte a responsable comarcal do BNG, Anxos Riveiro, quen o cualificou do «mellor candidato».
Estivo na oposición entre 1991 e 1999 e despois foi alcalde ata que en 2007 perdeu o cargo tras pactar as outras tres forzas políticas. Os motivos que o levaron agora a tomar esta decisión, ademais do apoyo a nivel local e comarcal, foi a «obriga moral». «Foron catro anos perdidos, de desgoberno absoluto que os veciños non merecen».
Así, subliñou que hai «necesidades básicas» que o tripartito deixou de lado» como o desenvolvemento do municipio e o polígono industrial, que tentará retomar se gaña. «Despois de que se investiran 200.000 euros nun proxecto de viabilidade, quedou nun caixón».
Lembrou tamén que o BNG foi a forza polítíca máis votada en 2007, con cinco edís, e que quedou «a moi pouco da maioría absoluta». «Vémonos na obriga moral de presentarnos, por este respaldo truncado por intereses escuros e estraños. Esperemos que volva o sentido común». Pretende «non volver ó despotismo e o trato maleducado».
Angueira avanzou varios nomes da súa candidatura, que son os catro concelleiros actuais, Cecilia Tarela (2), Arturo Ferro (3), Margarita García (4) e Teresa Tocino (6), que substituiu a Xosé Antonio Baliñas trala súa demisión, e Xurxo Gerpe que irá de quinto.
Dáse a circunstancia de que Gerpe está imputado, xunto con Angueira, no proceso xudicial do elevado consumo de combustible de vehículos municipais. O candidato tamén ten unha querela por mandar 1.400 SMS co móbil da Alcaldía o mesmo número en só seis meses.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/11/10


4 comentarios

arrevolussion · 14-11-2010 a las 21:48

eiqui o Diario de Pontevedra «duro» con Angueira e «duro» con Gerpe, pero imos ver…por suposto inexistencia de vericundia e de dignidade destes dous muchachos, pero o que non se da por suposto é a transixencia da dirección comarcal, provincial ou do ámbito territorial que sexa; transixencia inexplicable a non ser pola carencia de recursos humanos para por ó fronte desta asamblea local a persoas imputadas en asuntos tan graves… ¿onde imos con esta tolerancia absurda?… máis abaixo temos a Xaquín Alvarez Corbacho, mestre de mestres, home alíneado do BNG que dou moitas leccións sobre a xestión local, grande no estudio do municipalismo , decía que leccións dou dende o asento do nacionalismo galego, en moitas das súas obras, pero en «A rebelión municipal», da unhas notas claras da actuación «limpia» dos munícipes, que por suposto o seu «alumno ideolóxico» en Pontecesures descoñece totalmente…¡¡¡triste!!!, ¿qué é o que nos queda despois disto?…nada… nin a ilusión, nin a dignidade, nin a honradez… unha vez máis…¿onde imos?

Xitano · 15-11-2010 a las 20:14

Oes Sabariz, como se nota que non che convén facer propaganda de Angueira, apenas contestas. E como vai o «caso Gasoil»? Tivechedes tres anos e medio para demostrar o que publicabades todos os días, antes porque vos pechaban os despachos e agora que os tedes abertos e sodes transparentes, non encontrachedes nada? Anda contesta que a opinión pública quere saber como acaba o conto.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2010 a las 20:51

Xa expliquei moitas veces os datos que motivaron a querela do cumbustible e a ampliación da mesma polos máis de 1.200 SMS ao mesmo número en seis meses. Sobre a instrución, recursos, autos, etc… tamén houbo información perante todo este tempo. Hai que esperar, claro.
Eu non oculto nada, se queres estar máis informado, chámame, comprobas os datos do expediente e logo opinas o que che pareza.

    Xitano · 16-11-2010 a las 18:43

    Queres conocerme, uy, cal será a túa pregunta ó verme: queres vir na miña lista? Pillín.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.