Angueira volve optar á Alcaldía de Pontecesures porque sente “obriga moral”.
Manuel Luis Álvarez Angueira preséntase por sexta vez á Álcaldía de Pontecesures, segundo anunciou onte a responsable comarcal do BNG, Anxos Riveiro, quen o cualificou do “mellor candidato”.
Estivo na oposición entre 1991 e 1999 e despois foi alcalde ata que en 2007 perdeu o cargo tras pactar as outras tres forzas políticas. Os motivos que o levaron agora a tomar esta decisión, ademais do apoyo a nivel local e comarcal, foi a “obriga moral”. “Foron catro anos perdidos, de desgoberno absoluto que os veciños non merecen”.
Así, subliñou que hai “necesidades básicas” que o tripartito deixou de lado” como o desenvolvemento do municipio e o polígono industrial, que tentará retomar se gaña. “Despois de que se investiran 200.000 euros nun proxecto de viabilidade, quedou nun caixón”.
Lembrou tamén que o BNG foi a forza polítíca máis votada en 2007, con cinco edís, e que quedou “a moi pouco da maioría absoluta”. “Vémonos na obriga moral de presentarnos, por este respaldo truncado por intereses escuros e estraños. Esperemos que volva o sentido común”. Pretende “non volver ó despotismo e o trato maleducado”.
Angueira avanzou varios nomes da súa candidatura, que son os catro concelleiros actuais, Cecilia Tarela (2), Arturo Ferro (3), Margarita García (4) e Teresa Tocino (6), que substituiu a Xosé Antonio Baliñas trala súa demisión, e Xurxo Gerpe que irá de quinto.
Dáse a circunstancia de que Gerpe está imputado, xunto con Angueira, no proceso xudicial do elevado consumo de combustible de vehículos municipais. O candidato tamén ten unha querela por mandar 1.400 SMS co móbil da Alcaldía o mesmo número en só seis meses.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/11/10
4 comentarios
arrevolussion · 14-11-2010 ás 21:48
eiqui o Diario de Pontevedra “duro” con Angueira e “duro” con Gerpe, pero imos ver…por suposto inexistencia de vericundia e de dignidade destes dous muchachos, pero o que non se da por suposto é a transixencia da dirección comarcal, provincial ou do ámbito territorial que sexa; transixencia inexplicable a non ser pola carencia de recursos humanos para por ó fronte desta asamblea local a persoas imputadas en asuntos tan graves… ¿onde imos con esta tolerancia absurda?… máis abaixo temos a Xaquín Alvarez Corbacho, mestre de mestres, home alíneado do BNG que dou moitas leccións sobre a xestión local, grande no estudio do municipalismo , decía que leccións dou dende o asento do nacionalismo galego, en moitas das súas obras, pero en “A rebelión municipal”, da unhas notas claras da actuación “limpia” dos munícipes, que por suposto o seu “alumno ideolóxico” en Pontecesures descoñece totalmente…¡¡¡triste!!!, ¿qué é o que nos queda despois disto?…nada… nin a ilusión, nin a dignidade, nin a honradez… unha vez máis…¿onde imos?
Xitano · 15-11-2010 ás 20:14
Oes Sabariz, como se nota que non che convén facer propaganda de Angueira, apenas contestas. E como vai o “caso Gasoil”? Tivechedes tres anos e medio para demostrar o que publicabades todos os días, antes porque vos pechaban os despachos e agora que os tedes abertos e sodes transparentes, non encontrachedes nada? Anda contesta que a opinión pública quere saber como acaba o conto.
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-11-2010 ás 20:51
Xa expliquei moitas veces os datos que motivaron a querela do cumbustible e a ampliación da mesma polos máis de 1.200 SMS ao mesmo número en seis meses. Sobre a instrución, recursos, autos, etc… tamén houbo información perante todo este tempo. Hai que esperar, claro.
Eu non oculto nada, se queres estar máis informado, chámame, comprobas os datos do expediente e logo opinas o que che pareza.
Xitano · 16-11-2010 ás 18:43
Queres conocerme, uy, cal será a túa pregunta ó verme: queres vir na miña lista? Pillín.