Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A biblioteca xa conta coa calefacción.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Onte, día 22 de decembro, comezou a funcionar a calefacción da Biblioteca Municipal, situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” de Pontecesures. A instalación correu a cargo dos alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego “Pontecesures II” mediante na colocación no semisoto, recentemente acondicionado, dunha caldeira de biomasa (“pellets”), das tubarías e dos radiadores.
O ambiente, nestes dous días de frío, xa era outra cousa, e así o agradeceron os usuarios da instalación.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.