Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Corpus Christi en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A partir das 7 da mañá, 26 de xuño, comezan a prepararse as alfombras de flores no adro da Igrexa, na Plazuela, na rúa San Lois e na rúa Nova e os altares destas dúas últimas rúas.
A misa solemne terá lugar ás 19 horas, e ás 19:45 sairá a procesión do Santísimo que discorrirá pola Plazuela, rúa San Lois, rúa Ullán, rúa Nova, de novo San Lois e A Plazuela.
A comitiva irá acompañada pola banda de música Unión de Lantaño.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.