Padrón prepara a romería do pemento con Diego Calvo de pregoeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Herbón ultima para o 6 de agosto a súa tradicional festa en honra ao pemento padroense. O novo presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, dará conta do pregón da romaría. Así mesmo, a Orde do Pemento de Herbón nomeará cabaleiros a Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural; ao alcalde da localidade, Antonio Fernández; ao artista Fernando Castaño; e dama á empresaria Sagrario Fernández. Tamén serán galardoados a Fundación Rosalía e o restaurante O Santiaguiño. Ademais dos tradicionais refráns, escoitaranse charangas e gaiteiros, e as actuacións de Pasarela Atracción e Grupo Caoba.

LA VOZ DE GALICIA, 31/07/11

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.