O alcalde de Pontecesures é un dos 10 alcaldes do BNG que non asinou o manifesto. «Somos conscientes. Desde os concellos facendo País gran a gran».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Somos conscientes. Desde os concellos facendo País gran a gran.

Consciente adx. Que ten consciencia do que fai e do que lle sucede.Propio de quen ten consciencia, ou que se fixo nesas condicións. Que actúa de modo responsable. Gran s.m. Cada unha das partículas, de forma máis ou menos redonda, que constitúen unha masa máis grande.

Somos conscientes de que nun momento no que a crise económica golpea as diferentes administracións, a situación agrávase nos concellos, onde estamos comprobando ano tras ano a diminución de ingresos ordinarios e a dificultade de garantir a prestación de servizos conquistados durante este tempo. Como administración máis próxima aos veciños e veciñas, e dende a trincheira local, estamos convencidos da necesidade de dar a cara diante da cidadanía, de artellar novos xeitos de participación e de facer máis con menos.

A experiencia política destes anos demostrounos que non debemos agocharnos ante os desafíos, que debemos buscar unha solución para cada problema e garantir que non haxa pasos atrás no camiño feito. Estamos a comprobar como unha crise orixinada polos mercados financeiros está a ser pagada por aqueles que non a causaron.

A pesares das circunstancias, levamos tempo pelexando, diante da inhibición das outras administracións, por seguir facendo país, mantendo unhas políticas transformadoras e diferentes que a cidadanía respaldou co seu voto fai agora pouco máis de dous meses.

Somos alcaldes e alcaldesas do BNG, e somos conscientes de que a nosa organización o pasado 22M non tivo uns bos resultados: perdeu máis de 53.000 votos respecto ao 2007 e quedouse sen representación en 60 concellos do país. O retroceso máis visible deuse nas cidades, agás Pontevedra, pero hai lugar para a esperanza: mantívose un importante e, nalgúns casos, crecente apoio cidadán en determinadas vilas medias e concellos do rural, que garanten a posibilidade de continuar apostando por un proxecto transformador que permite demostrar que mesmo nos tempos que corren, outra maneira de facer política é posible.

Somos conscientes da diminución de apoios progresivos que está a ter unha ferramenta construída colectivamente, como é o Bloque, chegando a retroceder neste proceso electoral municipal a uns resultados semellantes aos do ano 1995. Somos conscientes de que a nosa organización precisa dunha resintonización urxente coa sociedade galega e os seus problemas, nun momento no que a dereita está a demoler todas as nosas conquistas sociais e identitarias dos derradeiros anos.

Nese senso miramos con esperanza a cita electoral do 20N e o proceso que nestes intres nos vai levar á vindeira Asemblea Nacional que se celebrará cando así o acorde o Consello Nacional do BNG este vindeiro 27 de agosto. Unha Asemblea Nacional que debe ser o punto de inflexión real no modelo político que queremos ofertarlle á cidadanía galega.

Chegou o momento de reparar o barco para que saiba navegar aproveitando mellor as ondas nestas augas do século XXI, distantes e distintas ás do Frontón de Riazor do século pasado. Hai que desprenderse de prexuízos e traballar con innovación nunha estructura organizativa, nunhas propostas e nun discurso nacionalista inserido nos tempos actuais. Ademais, hai que renovar os nosos referentes. As novas augas, precisan dun barco renovado, novas cartas de navegación e unha tripulación que sexa consciente que nos toca navegar no mar que temos, e que con ese navío, se poña rumbo a ilusionar de novo á cidadanía galega. Algo que acadaron os 29 equipos municipais do BNG en Galicia con referentes institucionais e con apoio social contrastado.

O BNG ten que abandonar as únicas augas nas que voga de xeito recurrente nos derradeiros anos: as dun pasado mitolóxico e as dun futuro idealizado, tan lonxano que nin sequer se albisca. Vai sendo hora, sen renunciar á utopía, de voltar a mares presentes e alimentarse de bocados de realidade.

Somos conscientes de que moitos militantes e simpatizantes e unha boa parte da cidadanía galega percibe esta asemblea como a derradeira oportunidade para que o BNG sexa quen, de atopar o punto de inflexión que nos permita esa resintonía coa sociedade para avanzar no camiño de liderar o noso País.

Entendemos, nembargantes, que para que ese proceso teña credibilidade cómpre mudar as dinámicas dos derradeiros anos cos referentes municipais, que pasaron de ser percibidos pola dirección como símbolos dun novo nacionalismo, a ser considerados sospeitosos municipalistas que non teñen claro un proxecto global para Galiza.

Non temos vocación porén de permanencia no tempo, nin acreditamos asepticamente na autonomía municipal xa que seguimos dende os concellos facendo pais. Coidamos, iso si, que a nosa experiencia nos gobernos municipais, a posta en marcha de políticas alternativas durante estes anos, a nosa introdución social e o traballo feito a pé de campo escoitando as demandas dos nosos veciños e veciñas, é un capital que o BNG como organización non debe desaproveitar sequere actualizar o seu discurso e ampliar a súa base social. Polo tanto queremos poñernos aoservizo do BNG, unha vez máis e de xeito explícito, para que utilice as nosas experiencias nos governos en temas tan diversos actualmente como son a creación de novas mensaxes políticas, acomunicación coa sociedade e os procesos de normalización do nacionalismo como forza de gobernó.

Durante este tempo, demostramos que somos quen de trasladar unha mensaxe ás maiorías sociais, transformando os nosos concellos sen facer renuncias no proxecto colectivo nacionalista, apostando por dirixirnos a esa maioría que agarda por outras maneiras de facer política de xeito honesto, comprometido e distante de ollares únicos e dogmáticos.

Por iso facemos este chamamento, porque sabemos que dende os Por iso facemos este chamamento, porque sabemos que dende os concellos podemos facer país gran a gran, porque queremos, tamén dende os concellos, construír un novo BNG, e porque somos conscientes de que o Bloque é o mellor instrumento que ten esta nación para consolidarse e prosperar como tal.

Acreditamos polo tanto, nun BNG participativo e aberto que se dirixa ao conxunto da sociedade eno que todos sexamos quen, de recuperar a confianza e de xenerar ilusión, nun futuro distinto para o conxunto do pobo galego.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2011

Asinan Alcaldesas e Alcaldes do BNG dos Concellos de: A Bola (Teresa Barge Bello), A Mezquita (Rafael Pérez Vázquez), A Pobra do Brollón (Xosé Lois Maceira Vilariño), Arbo (Xavier Simón), Castrelo de Miño (Xurxo Rodríguez Méndez), Maceda (Francisco Xabier Oviedo Rodríguez), Manzaneda (David Rodríguez Estévez), Mondoñedo (Orlando González Cruz), Monforte (Severino Rodríguez Díaz), Mugardos (Xosé Fernández Barcia), Rianxo (Adolfo Muíños Sánchez), Ribadeo (Fernando Súarez Barcia), Salceda de Caselas (Marcos Besada Pérez), Teo (Martiño Noriega Sánchez), Tomiño (Sandra González Álvarez), Vilar de Santos (Xoán Xosé Jardón Pedras), Vimianzo (Manuel Antelo Pazos), Zas (Manuel Muíño Espasandín)

Categorías: Política

15 comentarios

manolo o do bombo · 11-08-2011 a las 22:48

E que importancia ten eso,ó LORES de Pontevedra tampouco ,volvemos a emporcar,notase que non tes noticias mellores,relajate.

Caminante · 12-08-2011 a las 11:03

Ahhh!!! Esta nova apenas me deixou durmir a pasada noite…

Señor Sabariz, despois algún/ha di que sempre acabamos falando de vostede, que se sempre está no debate… persoalmente creo que igual o mellor é comezar a ignoralo, é dicir, leer as súas novas publicadas neste medio e logo… rirnos todos con vostede, cas súas «entradas». De veras que comezo a crelo. E creo que comeza tamén a non estar á «altura».

Esta nova, onde a encasillamos? Na casilla da oposición (maneira que ten de denigrar vostede unha das palabras máis importantes dunha democracia) ou na casilla da eterna obsesión con e hacia o señor Angueira? Tamén podemos crear unha nova casilla, a dos seus reiterados esperpentos.

Xa que se mete no «dentro» do BNG, a veda está aberta, así que preguntemos polo SEU partido:
esta nova quen a firma, Sabariz ou ACP?
Quenes forman a ACP?
Onde se reúnen? pois se se xuntaran un grupo de persoas, alguén os vería, digo eu non?
Conta vostede para publicar novas ca xente da lista da ACP do 22-M? Xa sabe, para iso de debater, ver se é oportuno ou non…
Ou as decisións as toma soamente vostede, a que si?.

Canción para o seu karaoke, » YO», de Raphael.

Ignorar: no hacer caso de algo o de alguien.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-08-2011 a las 18:32

A nota non é miña, «Caminante» e «manolo o do bombo». ? un manifesto asinado por 19 alcaldes do BNG e non asinado por 10 (entre estes últimos o de Pontecesures). ¿Obsesións miñas?, ¿Enmporcallador? ¿Risas polas entradas?. Isto e inexplicable, esta nova sae en todos o medios e ten a súa importancia pois se vive un debate interno no BNG con varios sectores en disputa. Que si a UPG, que si os Independentes, que si Máis Galiza de Aymerich, que si o Encontro Irmandiño de Beiras. Van vir asembleas interesantes e hai varios posicionamentos neste días entre os nacionalistas. O non asinar o manifesto o alcalde de Pontecesures, é unha pista moi importante para que todos os cesureños saibamos cal é a tendencia do Sr. Álvarez Angueira, que será a que sosteñen os dirixentes e os afiliados do BNG de Pontecesures. Imaxínome.

    Caminante · 13-08-2011 a las 01:45

    …» O non asinar o manifesto o alcalde de Pontecesures, é unha pista moi importante para que todos os cesureños saibamos cal é a tendencia do Sr. Álvarez Angueira, que será a que sosteñen os dirixentes e os afiliados do BNG de Pontecesures»…

    Non consego concilialo sono! Meu deus, é a fin!!! Non sabela tendencia do señor Angueira tenme sumamente preocupado. E tamén o pobo enteiro, que non deixa de pensar, de intentar averiguar cal pode ser a tendencia política do alcalde e que postura terán os afiliados. Será a fin de Pontecesures? Que vai ser de nós? Teremos que cancelalas festas de Porto? ILUMINANOS Sabariz, por favor, ILUMINANOS, ti que tes e temos clara cal é a túa tendencia polit… por certo, cal é? indepedente? socialista por interés? ou simplemente tránsfuga?

    Señoras e señores, «la parodia nacional», por L.A. Sabariz. Continuará (por desgracia)

outro · 13-08-2011 a las 07:56

Caminante, seguro que todos imos durmir ben sen saber cal é a tendencia política de Angueira, pero é que as entradas que se poñen aquí non teñen que ser neceariamente para quitarlle o sono a ninguén. As mais das veces, as novas sobre Valga ou Padrón pasan sen que ninguén a lea. A miña opinión é que o teu primeiro comentario desta entrada está completamente fora do tema. O segundo, así, así. Este comentario meu por suposto que absolutamente fora do tema. Dixeches antes «persoalmente creo que igual o mellor é comezar a ignoralo». Veña… que se vexa.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-08-2011 a las 11:44

Pero «Caminante», el debate sobre las tesis de las diferentes corrientes del BNG está en la calle y en los medios, con opiniones expresadas por los alcaldes firmantes del manifiesto, por los no firmantes, con artículos de opinión en la prensa de politólogos, etc.. ¿Qué tengo yo que ver con eso?. Si tu quieres que en Pontecesures no haya debate sobre esta cuestión, pues alla tú. De momento conocemos la postura del alcalde al no firmar el manifiesto y cada uno puede sacar sus propias conclusiones en cuanto a esta decisión y a la importancia y consecuencias que tiene dentro de la formación nacionalista cesureña. Ahora bien; los vecinos deben de estar informados de estos temas y parece que algunos desean que estas cuestiones pasen desapercibidas. A mi no me parece lógico, y lo que ya no puedo entender es que se arrremeta contra mí por publicar entradas informando sobre este asunto.

papagos · 13-08-2011 a las 14:27

Este tipo de documentos son frecuentes dentro das formacións políticas de esquerdas e non ten maior obxectivo que promover o debate interno. Menos mal que en Cesures temos ao Sr Sabaríz para revelarnos a trascendencia do mesmo, é moi importante «Caminante» coñecer a tendencia do Sr Alvarez Ángueira, así como dos militantes nacionalistas do pobo. O Sr Sabaríz mirará con lupa as próximas asembleas e nos mantendrá puntualmente informados, él sempre vela polos intereses dos veciños, moi preocupados por este tema. Na rúa non se fala doutra cousa. E se xorden discrepancias dentro do BNG local, que Deus non o queira e Sabaríz tampouco, os disidentes podrán contar con el para o que precisen, ata para lideralos.

caja no caldeiro · 13-08-2011 a las 17:17

raro esto do manifesto, molulo, margarita a de julián, o tacon, o xurxo gerpe sempre foron de Beiras, e agora o alcalde non firma e defende asi a UPG radical e marxista leninista que manda no partido, agora se entende que na dirección do bloque en Pontevedra que e da UPG Lores e Riveiro lle deran a patada no cu hai un tempo ao Xurxo, gasoil aparte, e meteran a cecilia a da cocha como xefa do BNG de Cesures que foi unha imposicion dos radicais
nadie sabe si os militantes do bloque de aqui debatiron este manifesto, todo e secreto cando manda a UPG, como si estuveramos na URSS ou en Cuba, pero esta claro que molulo e un monigote en mans da da cocha na alcaldia que invadeu o seu despacho e tamen no partido e que non pode firmar ese escrito nin tolo

pedro da cachopa · 13-08-2011 a las 18:54

Y dijo yo.Aljo pasa no partido Rojo Bloqueiro de Sexsures, xa que el Jefe de Estado del Untamiento de Sexsures-Duque de San Xulián e Mariscal de Taragoña, o teñen secuestrado da súa autoridade máxima, por un lado el Señor de la tierra Media Jallega Taberneira-Marques del Protectorado de Condide-Couto joderna dende as barras el untamiento e todos los pasos del joderno,e por outro está a Kamarada Sub-Alcaldesa Secretaria do Politburó Rojo de Sexsures que está usurpando todos os poderes politicos do Mariscal de Taragoña, siendo el braso visible del poder del lado rojo da Troika de Sexsures.Polas tabernas de sexsures a xente dí ás ajachadas e nos confesionarios do cura,que pronto haberá una noche de purjas internas no partido bloqueiro,que el Duque de San Xulián-Mariscal de Tarajoña vai ser purjado e deportado o novo julap que os bloqueiros radicais están construyendo en secreto una das zonas máis remotas e inospitas do monte de Jrovas.Hai un plan secreto para que Kamarada Sub-Alcaldesa quede de jefa da Troika e se presente en el 2015 a las elesiones para ser elijida Jefa del Estado Sovietico de Sexsures

manolo o do bombo · 13-08-2011 a las 21:12

? humor que non falte,hai que levar a vida alegre se non que seria de nos..

papagos · 14-08-2011 a las 14:16

E moi curioso que un manifesto interno do BNG teña mais interese fora que dentro do partido. Parece «caja no…» (é de mal gusto que utilices o alcume dunha familia) que estás moi preocupado polo tema, o teu comentario parece un guión dunha película de James Bond «a UPG radical e marxista leninista que manda no partido», «todo e secreto cando manda a UPG, como si estuveramos na URSS ou en Cuba». A túa fixación por determinadas persoas recórdame a alguén… No BNG non se dán patadas no cu a ninguén, as patadas no cu deullas o PSOE aos señores Sabaríz e Díz por tránsfugas, afortunadamente non hai ningún Pose que se meta nas agrupacións. Podes estar tranquilo non hai fisuras no nacionalismo cesureño, nin se cuestiona ningún liderado.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-08-2011 a las 16:57

Dúas cousas resultan curiosas, «papagos»:

1. Que me metas a min e a Alfonso Diz nun debate das diversas corrientes que existen dentro do BNG.
2. Que te erixas en voceiro do nacionalismo cesureño neste asunto.

pedro da cachopa · 14-08-2011 a las 18:43

Y dijo yo.Aqui falando eu de cosas serias,e ninjen di nada…onde está o señor Jefe del Estado Rojo de Sexures,non manda nada,non veis que le estan asiendo el caminito a la Kamarda Sub-Alcaldesa ,que é a que ocupa o asiento en el Untamiento de su Kamarada o Duque de San Xulián,que ya no pinta nada,e va ir de cabesa de lista en el 2015…sempre e cuando el partido Bloqueiro en Jalisia non se rompa,porque se escacha esto afecta a Sexures con duas listas Pro-bloqueiras de «Buenos» y «Malos (UPG)», e xa veredes que o proximo xefe en Galisia dos Bloqueiros Buenos será o Jefe del Estado Rojisimo Nacionalista de Teo el que aspire aljun día a ser presidente de la Xunta de Jalisia.

sobreiras · 15-08-2011 a las 01:57

Esta nova paréceme acertada traela a esta páxina, pois efectivamente aquí ganou as eleccións o BNG, e ainda que non todo o pobo se entera destes intringulis políticos, algúns sí que entendemos e mostramos interés por este tipo de novas. Eu non deixo de ler nunca as opinións de Beiras e os seus desencontros cos novos dirixentes, por exemplo. Pero eu teño moi claro, que si Alvarez non firmou, foi porque Cecilia non lle deixou. O rumbo do BNG de Pontecesures ahora e outro, o xefe local non é Xurxo, agora e Cecilia, ala dura do partido. E para vos, Papagos, manolo do bombo e caminante, que vos creedes moi listos, ide aprendendo de quen saba máis.

Cara de cona · 18-08-2011 a las 16:58

Esta ben esta nova…..que saberá arturo o da nestlé do manifesto?….haberia debate no seno do Bng?….vai ser que non…..dirixe a da cocha con puño de ferro….ademais desde que o tacon e xurxo entraron en comisións en vez de na Ciga co apoio de Angueira…..teñenos cruzados na UPG..e agora a calar…nin Beiras…nin Aymerich nin ostias….caladiños e a non firmar nada……..non din chio…medo…medo…..jo…jo…jo…

Responder a papagos Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.