Hoxe preséntase en Pontecesures ‘Próxima estación’, o novo libro de Cándido Duro

Publicado por Plumilla o

Cartel presentación Próxima Estación

Hoxe mércores 23 de abril, Día do Libro, a Biblioteca Municipal de Pontecesures acolle a presentación de “Próxima Estación”, o novo libro de Cándido Duro Domínguez.

A obra reflicte a vida cotiá, o paso do tempo e as idas e vidas no tren cara o traballo, unha mirada íntima e próxima á rutina dos viaxeiros que cada día pegan o seu percorrido en convoy.

O acto, organizado polo Concello de Pontecesures e a Biblioteca Municipal, contará coa participación de Fernando Salgado, xornalista e escritor; Sergio Suárez Bandín, pintor e deseñador gráfico; e Carlos Santos, pintor e mestre.

A cita será ás 20:00 h. na Biblioteca Municipal de Pontecesures. Unha boa ocasión para celebrar o Día do Libro cunha aposta local.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.