O cesureño Marcos Ferro foi segundo en San Miguel de Deiro montando a «Facundo».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

??Ferrari? revalida a Pole Position máis burra

Moitos dicían xa estes días atrás que non era un burro, que era sospeitosamente alto e que, por iso, quizais era un cruce ou tiña xenes de cabalo.
Outros comentaban onte entre o xentío que seguramente xa coñecía de memoria o percorrido técnico do circuito arredor do campo da festa e que por iso corría coa tranquilidade de saber o que ven detrás de cada curva . O único certo é que a burra ??Ferrari?, centro destas e outras especulacións, volveu gañar onte nas dúas categorías da edición número 112 da popular ??Carreira de Burras? de San Roque do Monte, en San Miguel de Deiro, Vilanova.

E fíxoo ao grande, demostrando que os anos non pasan para esta montura e que o traballo nos boxes da ganadería Patiño Guillán de Vilaxoán garantiza ter unha carrocería ben tupida e preparada para a carreira, por cuarto ano consecutivo.

Porque este é xa o número de edicións que leva gañado o animal da característica cinta vermella na fronte e que ameaza con eclipsar os históricos triunfos da xa desaparecida ??Gitana?.

A proba, pese ao dominio de ??Ferrari? na parte alta, foi disputada. Non faltaron os empurróns de axuda ao arranque ou para gañar velocidade, nin os bólidos que se negaban a arrancar ou os espoleos dos pilotos na procura dun sistema de aceleración adicional.

Cartos e penso > Todos os corredores de onte foron obsequiados cun merecido saco de penso para as monturas. Para os xinetes, a organización reparteu premios de 100, 75 e 50 euros entre os tres primeiros clasificados das dúas categorías.

Na proba masculina, ??Ferrari? deu o triunfo ao habitual corredor Francisco Patiño. O burro ??Facundo? obtivo o segundo posto para Marcos Ferro e ??Misterio? o terceiro para Pablo Muñiz.Na das mulleres, ??Ferrari? subeu ao primeiro posto a Yolanda Nogueira, ??Gitano? clasificou como segunda a Almudena e a terceira foi Paula Señarís, una reporteira da TVG que, ante a falta de corredoras de última hora, probou sorte con ??Pepa? e conseguíu podio, o que sumou unha das anécdotas máis comentadas da proba.

DIARIO DE AROUSA, 06/09/11

Categorías: Sociedade

2 comentarios

Cara de cona · 6-09-2011 a las 17:55

Primeiro felicidades aos ferriño pai e fillo….a foto e cojonuda….o animal é o goberno de Pontecesures,…quedase…e quedase…..Ferriño senior empurra…empurra…empurra….o goberno non arranca…¡que boa imaxe!…non avanzan non hai xestion…. Roque non consigue cambiar a burra pola bicicleta…….non consiguen un pataco….jo…jo…jo..

    Caminante · 6-09-2011 a las 20:01

    Tes razón, «cara da cona», a imaxe é moi boa. O animal dos ferriños é o goberno… e o burro da esquerda é o conxunto da OPOSICI?N ao goberno local, que a pesar de querer exercer de tal, nin está nin se lle espera con asuntos serios. Tanto é así, que ninguén se quere implicar, ninguén no pobo quere axudar a empurrar. Ves que soiño está? Porqué será?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.