Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

O cesureño Marcos Ferro foi segundo en San Miguel de Deiro montando a “Facundo”.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

â??Ferrariâ?� revalida a Pole Position máis burra

Moitos dicían xa estes días atrás que non era un burro, que era sospeitosamente alto e que, por iso, quizais era un cruce ou tiña xenes de cabalo.
Outros comentaban onte entre o xentío que seguramente xa coñecía de memoria o percorrido técnico do circuito arredor do campo da festa e que por iso corría coa tranquilidade de saber o que ven detrás de cada curva . O único certo é que a burra â??Ferrariâ?�, centro destas e outras especulacións, volveu gañar onte nas dúas categorías da edición número 112 da popular â??Carreira de Burrasâ?� de San Roque do Monte, en San Miguel de Deiro, Vilanova.

E fíxoo ao grande, demostrando que os anos non pasan para esta montura e que o traballo nos boxes da ganadería Patiño Guillán de Vilaxoán garantiza ter unha carrocería ben tupida e preparada para a carreira, por cuarto ano consecutivo.

Porque este é xa o número de edicións que leva gañado o animal da característica cinta vermella na fronte e que ameaza con eclipsar os históricos triunfos da xa desaparecida â??Gitanaâ?�.

A proba, pese ao dominio de â??Ferrariâ?� na parte alta, foi disputada. Non faltaron os empurróns de axuda ao arranque ou para gañar velocidade, nin os bólidos que se negaban a arrancar ou os espoleos dos pilotos na procura dun sistema de aceleración adicional.

Cartos e penso > Todos os corredores de onte foron obsequiados cun merecido saco de penso para as monturas. Para os xinetes, a organización reparteu premios de 100, 75 e 50 euros entre os tres primeiros clasificados das dúas categorías.

Na proba masculina, â??Ferrariâ?� deu o triunfo ao habitual corredor Francisco Patiño. O burro â??Facundoâ?� obtivo o segundo posto para Marcos Ferro e â??Misterioâ?� o terceiro para Pablo Muñiz.Na das mulleres, â??Ferrariâ?� subeu ao primeiro posto a Yolanda Nogueira, â??Gitanoâ?� clasificou como segunda a Almudena e a terceira foi Paula Señarís, una reporteira da TVG que, ante a falta de corredoras de última hora, probou sorte con â??Pepaâ?� e conseguíu podio, o que sumou unha das anécdotas máis comentadas da proba.

DIARIO DE AROUSA, 06/09/11

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. Cara de cona

    Primeiro felicidades aos ferriño pai e fillo….a foto e cojonuda….o animal é o goberno de Pontecesures,…quedase…e quedase…..Ferriño senior empurra…empurra…empurra….o goberno non arranca…¡que boa imaxe!…non avanzan non hai xestion…. Roque non consigue cambiar a burra pola bicicleta…….non consiguen un pataco….jo…jo…jo..

    Responder
    1. Caminante

      Tes razón, “cara da cona”, a imaxe é moi boa. O animal dos ferriños é o goberno… e o burro da esquerda é o conxunto da OPOSICIÃ?N ao goberno local, que a pesar de querer exercer de tal, nin está nin se lle espera con asuntos serios. Tanto é así, que ninguén se quere implicar, ninguén no pobo quere axudar a empurrar. Ves que soiño está? Porqué será?

      Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.