Técnicos de Educación visitan hoxe o CPI Pontecesures polas deficiencias da caldeira.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Segundo as informacións que temos, persoal da unidade técnica da Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra van visitar hoxe venres 9 de setembro as instalacións do CPI Pontecesures para facer unha comprobación exhaustiva da caldeira o depósito e demais elementos da calefacción do colexio.

O consumo actual de gasóleo é desorbitado con notable prexuizo para a economía do centro e sempre se pensou que a solución era instalar unha nova caldeira por considerarse totalmente obsoleta á existente. De feito hai xa un orzamento co custo da nova caldeira que é considerablemente elevado

Porén; as autoridades de educación queren comprobar polo miudo, antes de tomar a decisión de cambiar a caldeira, o funcionamento de todo o sistema para avaliar as causas das deficiencias no consumo que se están a detectar e se é posible acometer os arranxos oportunos con garantías sen investir tantos recursos adquirindo unha nova caldeira.

Dende a ACP esperamos que o problema sexa solucionado para beneficio de toda a comunidade educativa.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Ponteecsures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.