Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Nota íntegra sobre a nula difusión da exposición de Nicaragua.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Con sorpresa observou esta mañá este concelleiro que no semisoto da Casa do Concello estaba exposta a exposición fotográfica “Nicaragua unha realidade viva”. Ningún anuncio nos medios, ningún cartel na rúa e atópome que as octavillas de anuncio da exposición estaban amoreadas na ventanilla das oficinas municipais sen repartir a ninguén, aínda que no documento se reflicte que a exposición é “dende o 11 de setembro ata o 13 de outubro”.

Pois ben; a exposición non estaba preparada o día 11 (falla de seriedade) e a difusión é ata o de agora nula, facendo constar que hoxe si se podía visitar. Este concelleiro xa criticou en otras ocasións o desinterese do goberno local na difusión dos actos (obra de teatro en Carreiras e un acto da Consellería do Mar na Plazuela), e agora ten que volver a insistir no mesmo. Parece que a desidia está a orde do día no goberno local a pesar da dedicación exclusiva que teñen tres dos seus integrantes, coa conseguinte retribución.

Polo exposto, solicítase que se publicite a exposición canto antes, fixando con claridade o horario de visitas en función do horario de funcionamento da Casa do Concello.

Pontecesures, 17/09/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Máis sobre isto

5 comentarios

  1. Blanco

    Nueva cagada de los tres tenientes que cobran, es que todos debemos saber que tienen un sueldo que pagamos todos, tienen todas las mañanas para difundir y organizar bien esto de las exposiciones, pero si somos cuatro gatos, y un acto de estos solo lo hay de pascuas en viernes, que hacen los tenientes en su jornada laboral?, que gestión? que consiguen? por no moverse no se mueven ni fisicamente, la apariencia los delatan, por mucha bici y basket para la galeria que quieran demostrar, kilos y mas kilos

    Responder
  2. papagos

    Ou é o seu afán por atopar os erros deste goberno o que lle leva a meter a pata, ou simplemente falloulle a vista, será por mirar tras os cristais, a exposición non podía estar lista o día 11 porque empezaba o día 17.

    Responder
  3. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non, “papagos”, non. Ten razón o Diario de Arousa cando dí o domingo que Sabariz “descubre” unha exposición na Casa do Concello. Nas octavillas que había alí o sábado 17 poñia como data de comezo da exposición o día 11 e ademais teño un exemplar. Agora os do goberno local cambiaron a data. Pero xa está todo dito e o tema non da para moito máis. O importante é que os gobernantes corrixiron e a exposición está plublicitada. A obriga da oposición e denunciar estas cousas.

    Responder
  4. papagos

    Sr Sabaríz o Diario de Arousa nin ten nin deixa de ter razón, simplemente publica o que vostede lle conta. O cartel que se colga aquí o día 19, pon que a exposición comeza o día 17, en calquera caso pode haber unha razón que xustifique o cambio de data. Non é crible que diga que este goberno mostra desinterese pola cultura, en proporción desde xuño houbo máis actos culturais e lúdicos que en toda a lexislatura anterior.

    Responder
  5. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Xa dixen, “papagos”, o sucedido en canto ás datas. O certo é que o sábado 17 descubrin unha exposición no concello aberta o público que ninguén sabía que estaba exposta.
    Non estou en absoluto de acordo no que dis sobre os actos culturais. O goberno anterior organizou bastantes e neste medio podes comprobalo. Por certo, tamén deixamos preparada a programación de “Camiños da cultura 2011” con tres actos na Plazuela, Carreiras e Porto neste verán.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.