Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

En Pontecesures parece que continúa a campaña electoral do 20-N.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·


Máis dun mes despois do 20-N todavía continúan en Pontecesures carteis nos báculos do alumeado pùblico con propaganda política das eleccións xerais. Estas fotografías que se xuntan foron tomadas esta noite na rúa José Novo Núñez (estrada nacional N-550) nas proximidades da Casa do Concello e tanto nesta rúa como na Eugenio Escuredo (peirao de Pontecesures) temos carteis deste tipo que xa están a maioría rotos ou volteados polo paso do tempo.

A ACP considera anómala esta situación que deteriora a imaxe do concello. Por iso, solicítase ao alcalde que faga as xestións oportunas para que os carteis sexan retirados canto antes.

Pontecesures, 28/12/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures

Máis sobre isto

12 comentarios

  1. Princo

    Neste caso Sabariz, debo decir que eres un hipócrita. Claro que está mal ter a esta xente inda colgada dos postes, ¿pero acaso outro equipo de goberno anterior fixo esto(a retirada dos carteis) a tempo?
    Para pegar as puñeteras fotiños polo pobo, ben que traballamos de madrugada, anque sexa… pa quitalas, que o faga cristo

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Es posible, “princo”, que los carteles fueran colocados, para estas elecciones generales, por una empresa a la que encarga el cometido la formación política. Si así es, la retirada le correspondería a ellos , no al equipo de gobierno. Sea como fuere, hay que gestionar la retirada.

    Responder
  3. pepito

    a todo lle metes merda neste pobo, o teu non ten solución Sabariz, es ti quen deteriora a imaxe do concello, che aconsello visites a un psicólogo

    Responder
  4. presumida

    Don Saba aburre sempre co mismo, tiñamos que retroceder no tempo para ver o que facia vostede porque si mal non recordo cando vostede formaba parte do goberno local estaba ben caladiño e máis pasaban cousas similares carteles electorales inda sin sacar, maleza no colexio, algo roto por algures, tardanza cas obras, averias etc, vaia morro ten, vostede si que deteriora a imaxe do concello.
    A culpa e da xente coma min que entra a votarlle unha ollada a esta paxina que o unico que facemos e darlle a vostede máis morbo para seguir con estas argalladas as veces sin sentido e o unico que responde e que é a sua obriga como concejal da oposición e ten que informar, vaia maneira de intentar facer politica, inchome eu soa de rir

    Responder
  5. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Parece que a “pepito” e “presumida”, non lle gusta o labor de oposición e prefire que esteamos calados e que deamos todo por bo. Pois non debe ser así e temos que tentar que se arranxen as cousas. Exemplo; a avaría da auga en Infesta xa está arranxada, moitas veces os gobernos espabilan polo labor da oposición. Curiosa é a opinión de “presumida” en canto á letura deste medio convidando á xente a non facelo. Incrible, vamos.

    Responder
  6. presumida

    Pode dicir o que queira pero segue sin darme unha resposta (claro esta que non a ten) de porque estaba tan caladiño cando vostede gobernaba e agora solo fai incordiar y solo di que e a sua labor ¿ sei que antes non deveria ter a misma postura de informar a veciñanza?

    Responder
  7. pepito

    Non é que non me guste a labor de oposición Sabariz, a oposición está ahi para algo, pero ollo non gerenalices co da oposición que non teño nada en contra dela, só critico algunhas queixas que ti como cabecilla da ACP fas e por eso comparto a opinión de “presumida” de que tiñamos que retroceder no tempo, (como gobernabas caladiño) e támen pasaban as mismas cousas,
    sigo reiterando o do psicólogo

    Responder
  8. gero

    Es usted un chafulleiro Sabariz

    Responder
  9. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Máis do mesmo, ataques sen máis con descualificacións por queixarme das cousas. O que hai que facer e ordenar a retirada dos carteis electorais dos báculos do alumeado e punto. Iso é o que digo eu, os psicólogos, os avogados, os médicos, os obreiros, os desempregados, os xubilados e todos os veciños de Pontecesures.

    Responder
  10. presumida

    Por eso, máis do mesmo Sabariz, segues sin dar unha explicación, xa que explicar e difundir é o teu, segues esquivando cos teus comentarios a pregunta que che fixen anteriormente ¿por que?…………………….
    E supoño que estarás enterado de que os políticos están suxeitos a certo grao de tolerancia ou según que insultos por ser ou desempeñar a política, ( cho comento polo que afirmas de ataques sen máis con descualificacións por queixarte das cousas. )

    Responder
  11. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Mira “presumida”, os carteis seguen aí nos báculos, e hoxe e o día de fin de ano, mentres as eleccións xerais foron o 20 de novembro. O que hai que facer e ordenar a retirada. Vaia decorado ornamental de Nadal temos na estrada nacional e no peirao. A sensación de abandono que se está a dar é lamentable.

    Responder
  12. presumida

    Sigo vendo que estás a esquivar unha pregunta moi sinxela que che fixen anteriormente, sin máis, retirome desta entrada que vexo que non paga a pena entrar “digamos” en debate por unha cousa que me chama bastante a atención e só respondes co dos carteis que che recordo cando ti formabas parte do goberno en diferentes calles e aldeas do pobo teñen quedado os mismos ata ser tapados con outras propagandas despois de varios meses e máis non abrias a boca etc.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.