O portavoz do PP de Pontecesures critica a actitude dos socialistas cesureños en relación cos actos electorais.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O grupo municipal do Partido Popular de Pontecesures ven por este medio a criticar os actos de carácter marcadamente electoralista que esta a desenvolver o PSOE de Pontecesures sen que oficialmentente teña comezado a campaña electoral.
Fan referencia ó acto publicitado en varios medios escritos o pasado día 3 e na propia páxina web dos socialistas, onde fan referencia a que convocan a todo o que o desexe e un acto onde o deputado Guillermo Meijón explicará as propostas dos socialistas de cara as próximas eleccións antes de que se abra oficialmente a propia campaña electoral.
A xuizo dos populares, este tipo de actos teñen un marcado carácter electoralista, máxime cando se está a convocar, incluso » boca a boca» a pais de alumnos, membros da ANPA etc.. que para asistir teñen que personarse na sede dun grupo político e non nos locales sociais do Concello.
No colmo dos despropósitos, informan o portavoz do grupo Popular, Juan Manuel Vidal, que chégase incluso a colocar carteis anunciadores do acto por encima dos que nós tíñamos colocado informando do mitin de Mariano Rajoy este sábado en Pontevedra, «con este tipo de actitudes os socialistas de Pontecesures posiciónanse nun grupo de personas nos que solo están éles, os dos que na sua desesperación política empregan calquer tipo de para convertir un acto informativo en un acto plenamente propagandístico, oportunismo en estado puro».

Juan M. Vidal Seage

Portavoz Partido Popular Pontecesures.


4 comentarios

manolo o do bombo · 4-10-2012 a las 18:05

EU tamen lle digo o pp ,ca crisis que esta caendo poñen autobuses para ir os mitins ,ahora hai cartos,acarrexan a xente para encher ,e despois unha festiña para o votiño ,tipico do PP…..

ben te vexo · 4-10-2012 a las 18:08

Ben se ve, este Roque na sua liña, nin se entera, nin se quere enterar.
Os actos de campaña están moi regulados polas leis electorais e ademáis tendo detras unhas siglas que traballan a nivel provincial, autonómico e estatal supoño que con levantar un tlf. un xa se pode informar algo.
Non dubido tanto da legalidade do acto como da sua convocatoria, pero esta mesma faino dubidoso, bueno, un lio.
O caso é que os seus socios de governo teñeno de pardillo deixándolle a el todos os marróns(nos que nunca se entera de nada).
Agora da patadas no seu cú, bueno enchendo o petiño a fin de mes paga a pena estar caladiño, quen te viu e quen te ve.
Venme á cabeza aquel «Manolete si no sabes torear pa que te metes».

piris · 4-10-2012 a las 19:56

Impórtame un pemento o que faga o PSOE eu o que faga o PP; pero o que de verdade de parece » no colmo dos despropósitos» é que esta crítica a faga o voceiro popular, cando todos sabemos que a Xunta electoral todos os días está a obrigar ao PP a retirar anuncios e, o máis grave, chamándoa á orde por convocar actos con Feijoo (en Ferrol), e ás conselleiras por inaugurar o que non ten nada que inaugurar (en Santiago)…En fin…menos mal que Rajoy dixo que NON subiria o IVE

papagos · 5-10-2012 a las 13:16

Vaia morro que teñen estes do PP, cando o seu partido xa ten sete amoestacións da xunta electoral por infrinxir a lei.
E digo eu, que caracter tiña a foto do conselleiro Hernández co Sr Seage para falar das deficiencias da rede de saneamento do pobo?
E que carácter ten publicitar o mitin do Sr Rajoy?

Dende logo a nota é un pouco confusa non sei si o que lles molestou aos populares é que se dese a charla ou que esta fose no local dos socialistas, mesmo insolitamente pedían que se fixese nos locais do concello, que se estaría a dicir se isto fose así?

A parte de que o grupo municipal ten que estar para outras cousas non para este tipo de notiñas, non hai dubida de que os desesperados son vostedes Sres del PP.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.