Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Barcala e Teo lembran a Pousa Antelo no centenario do seu nacemento.

Por Redacción ·

Mañá mércores, 14 de maio, celébranse os cen anos do nacemento na parroquia de San Xoán de Barcala, na Baña, do mestre agrarista Avelino Pousa Antelo, quen finou o 20 de agosto de 2012. En Negreira, realizarase unha ofrenda floral no monolito na súa memoria no parque do Coto, ás doce da mañá, nun acto promovido polo IES Xulián Magariños coa colaboración dos colexios de A Baña e Negreira, os dous concellos, e maila asociación cultural Afonso Eanes e a Fundación Castelao.

En Teo, organizado pola Irmandade Avelino Pousa, Manuel María da Terra Cha, AC Xermolos, Comunidade de veciños dos Verxeis, e mailo Concello de Teo, ás sete da tarde no paseo Avelino Pousa Antelo, na urbanización Os Verxeles, intervirán a profesora Esperanza Mariño, o poeta Xoán Xosé Fernández Abella, o profesor Amancio Liñares Giraut, membros da Mesa pola Normalización Lingüística, xunto co gaiteiro, Raúl Galego, e os cantores, Mini e Mero, e Xosé Constenla.

La Voz de Galicia

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.