Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Medio ambiente

AGE pide que se suavicen as normas de venda de lamprea para non perxudicar aos valeiros.

Por Redacción ·

A nova normativa de venda de lamprea, que prohíbe a comercialización directa deste peixe sen pasar previamente pola lonxa ou por un punto de venda autorizado, foi debatida onte na Comisión de Pesca do Parlamento autonómico a raíz dunha pregunta de Alternativa Galega de Esquerda (AGE).
O deputado Juan Fajardo advertiu ao secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, dos perxuízos que estas normas suporán para os valeiros, â??afeitos a unhas peculiaridades e mercado alleos ao que se pretende regularâ?�. A preocupación é grande no sector, e así o transmitiron os propios pescadores cesureños, que sopesan incluso deixar de capturar lamprea o vindeiro ano, xa que estiman que  a actividade non lles será rendible. Así o puxo de manifesto Fajardo na súa intepelación na comisión parlamentaria, acusando á Consellería do Mar de â??tratar de favorecer unha vez mais ao sector dos intermediariosâ?� e de moverse por â??un afán recadatorio esquecendo as peculiaridades da vendaâ?� da lamprea, que â??en moitos casos redúcese a unha ou dúas unidades por clienteâ?�, un sistema que â??se faría imposible mediante o modelo plantexadoâ?� polo goberno galego.
O parlamentario de AGE pideu a Maneiro que entable â??unha negociación cos afectadosâ?� para â??suavizar algúns dos requisitosâ?� da citada normativa, que obriga tamén a crear e rexistrar centros de recollida para manter vivas as lampreas unha vez capturadas. Ademais, insta á Consellería a habilitar en Pontecesures un punto de venda autorizado.

“Descontrol”
Juan Maneiro replicou que as novas normas buscan â??poñer fin a unha situación de claro descontrolâ?� no relativo ao desembarco, transporte e primeira venda desta especie, de xeito que se poña â??en igualdade de condicións a pesqueira da lamprea co resto da actividade dos profesionais da pesca en canto á comercialización dos seus produtosâ?�. O secretario xeral do Mar apelou ás â??vantaxesâ?� desta regulación, tales como â??a posibilidade de promoción do produto, a defensa da orixe no etiquetadoâ?� ou â??a posibilidade de iniciar procesos de rexistro de marcas de calidade diferenciadas para evitar a competencia desleal foráneaâ?�.

Diario de Arousa

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.