Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Nota da oposición sobre a suspensión hoxe do pleno dos pasos de peóns elevados.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Con sorpresa e cando algún de nós nos estabamos a desprazar dende os nosos postos de traballo á Casa do Concello (sobre ás 11:35 horas) para asistir ao pleno extraordinario solicitado pola oposición sobre a obra de construción dos pasos de peón elevados nas rúas centrais de Pontecesures que se ía celebrar hoxe ás 12 horas, recibimos a nova de que o pleno quedaba suspendido porque o alcalde tivera que saír con urxencia por un tema persoal e que o pleno ía quedar para o xoves 30 de outubro tamén ás 12 horas.

Como o motivo da ausencia foi, ao parecer, un asunto do alcalde nos xulgados xa previsto hai tempo, non se entende como o presidente da corporación convoca un pleno na mesma mañá, dando unha imaxe de desorganización que prexudica a todos (tanto os medios de comunicación como varios veciños que ían asistir á sesión tiveron que dar volta ás 12 horas da Casa do Concello ao enterarse da nova).

Aínda por enriba dos problemas ocasionados aos concelleiros sen exclusiva volvesenos a convocar para as 12 horas do vindeiro xoves en horario de traballo. Deste xeito limitan a asistencia dos comerciantes e dos veciños contrarios á obra dos badenes elevados. O goberno local segue “erre que erre” tomando medidas para impedir o debate e a participación veciñal.

Pero ademais estanse a limitar os dereitos dos concelleiros da oposición pois o pleno extraordinario tiñase que celebrar no prazo de 15 días hábiles dende a súa solicitude que foi o día 11 de outubro. Así, o prazo remata o día 29 e o pleno xa vai ser o 30. Pero parece que da o mesmo e xa nin se respecta a normativa.

En fin, un episodio lamentable máis do goberno local que amosa unha falla de seriedade realmente preocupante.

Juan Manuel Vidal Seage (PP)
Mª Isabel Castro Barreiro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.