A arte de preparar a lamprea en Pontecesures é cousa de mulleres.

Publicado por Redacción en

Maruja Cortés aprendeu a limpar a dama do Ulla coa súa nai, Mercedes, cociñeira do Loureiro // Dende hai 19 anos tres xeracións da súa familia se dedican a limpalas para a festa.

mujeresl

Maruja, esquerda coa súa futura nora Pili e a súa neta, Lucía; á dereita.

En Pontecesures, a arte de preparar a lamprea ten nome de muller. As 220 pezas que hoxe se servirán foron preparadas en catro fogares da contorna, dous de Pontecesures, municipio que enxalza unha tradición culinaria que procede dos tempos dos romanos; outro da Ponte (Padrón) e outro da Devesa (Valga). Maruja Cortés ten 72 anos e onte poñíase mans á obra na súa casa de San Xulián para preparar as 55 pezas que lle asignaron nesta ocasión a organización da Festa da Lamprea. Nada comparable coas 103 que tivo que limpar hai xa uns ano, indica. Leva colaborando na faena hai 19 anos (un menos que o da festa, que cumpre xa dúas décadas). Aprendeu da súa nai, Mercedes Sanmiguel, cociñeira na desaparecida Casa Loureiro.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.