Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Todo indica que a rúa Rosalía de Castro de Pontecesures vai ser de dirección única.

Por Redacción ·

rosal

Nos pasados días, obreiros municipais procederon ao pintado da sinalización horizontal nesta rúa. Tamén retiraron un dos alcorques para arbustos que foran construídos no seu día cando a rúa foi aberta (un central nunha das marxes).

O goberno local ten previsto que a circulación nesta rúa sexa de sentido único. Dende a rúa Estación poderase saír á rúa Sagasta, pero desde esta última non se poderá entrar á rúa Rosalía de Castro.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.