Duras críticas do BNG de Pontecesures en relación coa programación do Nadal.
Coa atípica celebración do patrón de Cesures, San Xulián, poñemos hoxe fin á programación navideña no noso concello
Dicimos poñer fin e programación por dicir algo, xa que, como é habitual dende que o señor Seage máis o seu equipo de goberno rexen o devir de Pontecesures, as actividades que se viñan celebrando nos últimos anos (talleres, cine, teatro, especialmente para entreter ós máis pequenos durante o período non lectivo) deixaron de realizarse sen que fosen remplazadas por outras novas.
Comezou o señor Seage a campaña navideña co tradicional pincho que se celebra cos traballadores do Concello, convidando á oposición, mediante chamada telefónica, unha hora antes de celebrarse o ágape. Rematou coa excepcional cabalgata de reis, superando o esperpento do ano pasado, dando por finiquitada a visita dos reis magos ás sete menos cuarto da tarde, nunha das cabalgatas con menos afluencia de xente que se recorda. En hora e cuarto, asunto zanxado e cada un a súa casa; así se fomenta e promociona o comercio e a hostelería no noso pobo, así se traballa para convertir a Cesures nun pobo pantasma.
Os nosos parabéns ó señor Cadilla, concelleiro de Cultura polo completo programa de actividades lúdicas desenvolto durante o Nadal; os nosos parabéns o señor Francisco García Sobrino, concelleiro de Comercio e Hostelería, pola inxente labor que está a realizar a favor do comercio local e da hostelería, especialmente durante a campaña navideña e, particularmente, co traslado do mercado (menguante) mensual á lameira do muelle. Eso sí, a praza de abastos, quedou moi ben pintanda; agora só falta que entre a xente a mercar nela?.
Pero, sobre todo, os nosos parabéns ó señor Seage por capitanear a este equipo de #xentecapacitada que tanto prometía cando estaba na oposición criticando a xestión do anterior equipo de goberno e, agora, non son capaces nin de elaborar esa programación navideña que fai un par de anos tanto denostaban.
BNG Pontecesures
0 comentarios