Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Nova polémica no fútbol base pola insultante celebración do Ulla Pontecesures xuvenil tras vencer 2-1 ao Rois.

Por Redacción ·

Segundo consta na acta do partido, ao remate do encontro os xogadores do Ulla Pontecesures cantaron en repetidas ocasións desde o vestiario “se tes un fillo subnormal, se tes un fillo subnormal, non o dubides máis, faino no Rois xogar”.

Unha nova polémica volve salpicar ao deporte base debido aos desafortunados e insultantes cánticos que os xogadores do Ulla Pontecesures, equipo que milita na Segunda Autonómica Xuvenil (Grupo 6º de Santiago), proferiron na tarde do sábado desde o seu vestiario tras vencer por 2-1 ao equipo veciño do C.D. Rois.

Segundo consta no acta do partido, que arbitrou o colexiado Arturo Díaz Álvarez, â??unha vez rematado o encontro e cando o plantel [do Ulla Pontecesures] se atopaba ao completo no vestiario comezaron a cantar a viva voz: se tes un fillo subnormal, se tes un fillo subnormal, non o dubides máis, faino no Rois xogar en repetidas ocasiónsâ?�.

Parte da acta do partido divulgada a través das redes sociais para denunciar publicamente a insultante celebración dos xuvenís do Ulla Pontecesures.

Estes cánticos incendiaron hoxe as redes sociais na Comarca do Sar, onde algúns usuarios cargaban con dureza contra o Ulla Pontecesures e solicitaban algún tipo de castigo exemplarizante para evitar que actitudes de desprezo semellantes volvan repetirse:

â??Triste que un club tan serio permita estas accións de menosprezoâ?�.
O mais penoso de todo esto e que o entrenador estuvese con eles no vestuario e o permitise. Con eso xa o di todo. Eu estou moi orgullosa de que o meu fillo xogue no rois.
â??Se o adestrador ou o delegado estaban no vestiario nese momento, son tan culpables como os xogadores, que non son alevíns nin biberóns. Xa teñen unha idadeâ?�.
â??O máis penoso de todo esto é que o adestrador estivese con eles no vestiario e o permitise. Con eso xa o di todo. Eu estou moi orgullosa de que o meu fillo xogue no Roisâ?�, aseguraba outra nai nas redes sociais.
â??Unha pena. Un partido moi ameno, calquera dous dous puido gañar. Estivo a cousa igualada ata o final. O colexiado, chapó, e o publico nas gradas, de maravilla, tanto por un lado como polo outro. Unha mágoa que os xogadores do Ulla sintan ese desprezo polos de Rois, cando moitos se coñecen. Amigos así, mellor lonxe. En Rois estamos orgullosos dos nosos nenos. Non somos un equipo, somos unha familiaâ?�, afirmaba unha nai dun xogador do C.D. Rois.

Galicia Centro

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.