TEATRO, COMEDIA XESTUAL, CLOWN NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES. SÁBADO 15 DE SETEMBRO ÁS 22.00 HORAS: A COMPANÍA PÍSCORE CO SEU ??CONCERTO SINGULAR?.
O Concello de Pontecesures continua coa súa programación cultural de verán, neste mes de setembro con 3 espectáculos teatrais no Centro Social. Se o pasado sábado 8 era o turno da compañía Fulano, Mengano e Citano con ??TOP MANTA?, este sábado 15 ás 10 da noite a compañía Píscore ofrecenos ??CONCERTO SINGULAR?. Este ciclo de teatro remata o sábado 22 de setembro coa obra ??LEONARDO E OS FONTANEIROS? da compañía Ubú Teatro para público infantil e familiar, unha obra orixinal de María Victoria Moreno ??autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018-.
PÍSCORE
??Concerto Singular?
A compañía Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Son unha compañía que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa ??Esther Píscore?, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.
O espectáculo
Premio do Público Festiclown 2017
Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
0 comentarios