Valga pecha o domingo as visitas ao seu monumental Belén artesanal.

Publicado por Redacción o

A partir desa data, poderán organizarse recorridos polo nacemento.

O Belén artesanal de Valga conclúe este domingo o seu período de apertura ao público logo de seis semanas nas que recibiu milleiros de visitas. Nesta última semana, o nacemento retoma as visitas organizadas. Esta mesma mañá estará protagonizada polo alumnado do colexio Domingo Fontán, de Portas, mentres que o sábado será a quenda dun grupo procedente dunha parroquia de Monforte de Lemos. Declarado de interese turístico galego, a sona do Belén de Valga chega cada vez máis lonxe. Case un cento de de estudantes do instituto Torrente de Pontevedra visitárono.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.