Hoixe abre o Belén de Valga.
O Nacemento artesanal acada a súa 25 edición.
Por outra banda, o Belén Artesanal de Campaña inaugurarase esta tarde e permanecerá aberto ao público ata o 10 de xaneiro, sempre a expensas da evolución da pandemia. Este ano non haberá grandes aglomeracións; serán visitas reducidas e, principalmente, de familias ao non ser posible a organización de excursións.
Este belén está declarado de interese turístico de Galicia e acada este ano a súa 25 edición. É especial porque mestura as personaxes tradicionais do Nadal con figuras que representas escenas da actualidade. É todo feito a man de xeito artesanal polos veciños, dotando a moitas das figuras e escenas de movemento co emprego de motores e outros utensilios eléctricos. Ocupa unha superficie aproximada de 400 metros cadrados.
La Voz de Galicia
0 comentarios