Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

APERTURA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTECESURES EN HORARIO DE MAÑÁN PARA A PREPARACIÓN DA ABAU.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Durante os días previos ás probas de acceso á universdiade (ABAU), co obxectivo de facilitarlle un espazo de estudo aos/ás alumnos/as de bacharelato, a Biblioteca Municipal de Pontecesures estará aberta en horario de mañán de 9.00 a 14.00 horas.

Este horario complementario implementaráse a partir do mércores 1 de xuño e manteráse aproximadamente ata o día 9, mantendose tamén o horario habitual da biblioteca (16.00 a 20.00 horas).

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.