Homenaxe a Nerea Novo e Candela Romero na Casa do Concello.
Hoxe homenaxeamos ás campioas Nerea Novo e Candela Romero polos seus éxitos no Campionato do Mundo de Maratón en Dinamarca. As deportistas do Náutico Pontecesures foron recibidas no salón de plenos do Concello de Pontecesures pola alcaldesa María Teresa Tocino, o primeiro tenente de alcaldesa Roque Araújo Rey, o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade Alberto Rivas De Jesús e o presidente do Náutico Pontecesures Ángel Barreiro. A alcaldesa destacou o exemplo que son as rapazas, que demostraron que con esforzo, dedicación e sacrificio pódense acadar todas as metas. Tamén agradeceu o apoio das familias e o gran traballo que está a facer o Náutico Pontecesures, que co apoio do Concello, ofrece a centos de rapaces e rapazas do municipio e doutros limítrofes unha alternativa de ocio saudable e que fomenta valores como o traballo en equipo, o esforzo e a constancia nun tempo no que estes valores non están moito de moda. Moitas grazas a todos/as por vir, e de novo parabéns a ambas!





0 comentarios