Teatro hoxe no Auditorio de Cordeiro.

Publicado por Redacción o

O auditorio municipal de Valga acollerá hoxe a actuación da compañia “De Ste Xeito” que porá en escena a obra de Backup “A resurrección de Nuno” no marco do ciclo Tornar ás táboas, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro en toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 20 horas con entrada de balde ata completar o aforo.

A obra está dirixida ao público mozo e adulto, e, como sinala a compañía, é unha “comedia post mortem” que amosa, a través dun humor ácido, a posibilidade de poder resucitar a alguén amado.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.