Actualidade de Valga: Singular biblioteca teolóxica
Os “libros traballados” que o Padre Isorna quixo regalarlle a Valga
O Concello de Valga conserva máis de 15.000 tomos herdados do seu fillo predilecto, o Padre Isorna. Máis da metade destes libros forman unha biblioteca teolóxica única na contorna, que foi doada por este sacerdote que fixo moito por introducir o galego en ámbitos como a liturxia.
A biblioteca, localizada no terceiro andar do auditorio de Valga, está aberta baixo estrito control para estudo e investigación. Entre os libros atópanse xoias como primeiras edicións, libros con dedicatorias de autores como Otero Pedrayo, e material único como un libro para aprender árabe editado nos anos vinte.
Os máis de 7.600 libros sobre filosofía e teoloxía, ademais de outros tantos volumes sobre temas máis mundanos, representan o legado dun home con intereses amplos e sede de coñecemento. A biblioteca demostra que os libros non eran de adorno, senón “libros traballados” con anotacións e apuntamentos que retratan a inquietude intelectual do Padre Isorna.
Fonte: La Voz de Galicia
0 comentarios