Sindicatos chaman a apoiar as mobilizacións en Nestlé, onde hoxe acode Ana Pontón

Publicado por Plumilla o

A líder do BNG, Ana Pontón, reúnese hoxe en Pontecesures coa alcaldesa Maite Tocino e os traballadores de Nestlé para apoiar as mobilizacións contra os despedimentos na fábrica galega.

Os sindicatos UGT e CC.OO. chaman á participación na manifestación deste sábado en Pontecesures ás 12.00 horas. As mobilizacións comezaron cunha concentración de traballadores ante a fábrica de 13 a 15 horas o pasado xoves, e repetirase hoxe coa segunda reunión da mesa negociadora do ERE.

Nestlé España anunciou o despedimento de 27 empregados do seu único centro en Galicia, o que representa o 14% dos 194 traballadores da planta de Pontecesures.

Fonte: La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.