Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Pontecesures licita o mantemento da piscina municipal con vistas ao verán

Por Plumilla ·

Pontecesures saca a licitación o servizo de xestión e mantemento da piscina municipal para ter as instalacións a punto durante os meses de verán. As empresas terán ata o 28 de maio para presentar ofertas e o valor estimado do contrato será de pouco máis de 25.000 euros.

Como todos os anos, a previsión do Concello é abrir a piscina do 1 de xullo ao 31 de agosto, xa que, ademais, estas instalacións non só resultan ser un punto de encontro clave para os cesureños, senón que «teñen moito éxito e reciben tamén a moita xente doutros concellos», explica a alcaldesa.

Fonte: Diario de Arousa

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.