Pontecesures desmenuza as axudas da Deputación para obras, servizos e festas
O Concello de Pontecesures presenta a distribución das axudas solicitadas a través das distintas liñas do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal 2026, coñecido como Plan + Provincia 2026.
O conxunto de actuacións céntrase na mellora de infraestruturas, dinamización cultural e emprego que acadan os 448.663 euros.
Liña I – Inversión e obras:
Six proxectos prioritarios, entre eles dúas actuacións de mellora ambiental en Redondo e Carreiras para corrixir problemas de drenaxe e crear unha illa de contenedores de basura; a pavimentación dun camiño en Carreiras; as obras de mellora das edificacións auxiliares do Campo de Fútbol Ramón Diéguez; a humanización da rúa Carlés; e a rehabilitación das aceras na rúa Rial.
Tamén se contempla a humanización en San Xulián de Requeixo, para o que se solicita a subvención máis elevada das obras enumeradas con 82.459,55 euros dentro do Plan Provincia Extraordinario.
Liña II – Cultura e contratacións:
O Concello solicitou 61.244,06 euros para financiar a Festa do Churro, actuacións nas Festas do Carmen e cursos formativos previstos para este 2026.
Liña III e IV:
En Liña III, Cesures recibiu unha subvención de 59.129 euros para a contratación de funcionarios municipais, pero acordou transferir o remanente desta liña, uns 24.913 euros, á Liña II e destinar os 10.943 euros da Liña IV á financiación das actuacións incluídas na Liña I.
Fonte: Diario de Arousa
0 comentarios