Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

A escola municipal de baloncesto 2026/27 arranca en Pontecesures: gratuíta para rapaces prebenxamíns

Por Plumilla ·

Cartel da escola municipal de baloncesto 2026/27
Cartel da escola municipal de baloncesto 2026/27 do Concello de Pontecesures: gratuíta, prebenxamín, mércores e venres

Comezou un ano máis a escola deportiva municipal de baloncesto en Pontecesures, unha actividade totalmente gratuíta dirixida a rapazas e rapaces de categoría prebenxamín (nadas e nados nos anos 2019, 2020 e 2021), co obxectivo de introducir os cativos na práctica deste deporte.

A escola arrincou o venres 2 de outubro e os adestramentos celébranse os mércores, das 16:30 ás 18:00 horas, e os venres, das 18:15 ás 19:30 horas.

Para máis información e inscricións: teléfono 605 273 288.

Fuente: Concello de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.