Insólito: é a oposición a que informa da actuación a realizar na rúa Miguéns Parrado e na Plazuela.

Pasou xa un mes desde a aprobación deste proxecto e a solicitude dunha subvención para a súa execución, por valor de 330.101,87 €, dentro do programa REACPON da Deputación de Pontevedra. Ante a falta de comunicación á veciñanza sobre os detalles deste proxecto por parte do equipo de goberno, proporcionamos unhas imaxes do aspecto final que presentaría A Plazuela e a rúa Miguéns Parrado.Sin menoscabo do que supón de recuperación de espazo para os peóns e de calmado de tráfico, consideramos que se podería prescindir da última liña de árbores (a máis próxima ao baixo anteriormente ocupado polo Banco Pastor), para que a Plazuela poida seguir albergando eventos e actividades. Non nos parece unha boa xustificación dicir que hai outros lugares no Concello para desenvolver ditos actos.Por outra banda, presentouse un anexo coas novas directrices de tráfico, entre elas, que á rúa Miguéns Parrado só terán acceso os vehículos dos garaxes da mesma. Un documento incompleto, xa que nada di de como será o sentido de circulación do tráfico polo Camiño de San Xulián.

Socialistas de Pontecesures

Todo indica que imos ter debate sobre a oportunidade e operatividade de empredrar a parte da rúa San Lois que linda coa actual praza (seguirán circulando pola rúa principal todo tipo de vehículos) e pola plantación de árbores asunto que ten influencia na celebración ou non de actos ou eventos no futuro na propia Plazuela.

Portos retiene codiciados espacios que no usa y que reclaman 17 concellos.

Después de muchos años de tiras y aflojas, un acuerdo del Parlamento gallego impulsado por el PSdeG ha abierto la primera puerta para hacer realidad una demanda reiterada durante años por diferentes municipios gallegos. Intentan que Portos de Galicia les devuelva decenas de miles de metros cuadrados de espacios públicos, terrenos de dominio público marítimo-terrestre sobre los que retiene la titularidad aunque los concellos y los vecinos constaten a diario que no hay usos portuarios.

Decenas de codiciadas propiedades urbanas situadas en diecisiete ayuntamientos, ocho de la provincia de Pontevedra, otros tantos de A Coruña y uno de Lugo. Portos continúa analizando las solicitudes, «a través de un grupo de traballo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e de xeito independente cos concellos interesados». De esas negociaciones salió un «extracto legal e definíronse os trámites e criterios que se aplicarán para a valoración» de las peticiones recibidas hasta el momento, explican desde ese departamento adscrito a la Consellería do Mar.

Susana Lenguas, presidenta de Portos, aclaró en una comisión parlamentaria que la devolución de esos espacios a los municipios «dependerá, entre outras cuestións, dos intereses da Dirección Xeral de Costas do Estado». Oficialmente es la propietaria de unos bienes públicos que en distintos casos incluyen edificaciones. En definitiva, prosiguió Lenguas, en los casos en los que su departamento accediese a las peticiones de los concellos, el siguiente paso sería reintegrárselos a Costas, que los incorporaría al patrimonio estatal y tendría la opción de cedérselos a los ayuntamientos. Si la respuesta fuese positiva, la última palabra la tendría el Consejo de Ministros, que se pronunciaría sobre la propuesta de Costas.

Casos en Viveiro y Cambados

Que el camino es largo y plagado de obstáculos, lo saben bien en, por ejemplo, concellos como Viveiro, en A Mariña, que peleó durante años por recuperar el antiguo muelle, reconvertido desde hace meses en el mayor aparcamiento al pie del corazón urbano, pero Portos se lo negó. Conserva la titularidad de esa céntrica zona, en la que permite organizar actividades, pero cobrando, como, por ejemplo, por el Ralli da Mariña del 2019. Portos también retiene propiedades anexas a esa de Viveiro, donde están instaladas empresas privadas que le abonan anualmente un canon.

Julio Torrado, diputado del PSdeG en la Cámara gallega, cita otros ejemplos, como la localidad pontevedresa de O Grove, «onde o edificio do Concello está directamente en terreno portuario», o el centro de salud de Cariño, en el Ortegal coruñés. También cita el Salón Peña de Cambados, levantado sobre una antigua conservera y que hasta pocos meses lo utilizaba el Concello para actividades sociales y culturales. Portos lo desalojó tras vencer la concesión, por lo cual está cerrado y solo recuperará su utilidad pública si el Concello le abona a Portos tasas.

Semanas atrás, el parlamentario Julio Torrado emplazó a Portos a renunciar a esos espacios públicos porque, en su opinión, «é moito mellor que sexa eficiente para os cidadáns antes de que se dedique a forrarse a costa dos concellos».

Desde el departamento de Mar que preside Susana Lenguas apuntan dónde están los bienes cuya titularidad reclaman los concellos, entre los cuales no cita al de Cambados, pese al caso del Salón Peña.

Solicitudes en análisis

De sur a norte, en la provincia pontevedresa analiza solicitudes de los gobiernos locales de A Guarda, Moaña (para terrenos situados en la propia localidad, en Meira y en Domaio), Bueu, Poio (para Combarro), O Grove, Illa de Arousa (para O Campo), Vilanova de Arousa y Pontecesures. En la demarcación coruñesa ha recibido peticiones de los Concellos de Ribeira, Corcubión, Fisterra, Laxe, Ponteceso (para Corme), Mugardos, Cariño y Mañón (para Bares). Y en A Mariña lucense Viveiro continúa intentando hacer realidad un objetivo que se remonta a finales del siglo pasado.

La Voz de Galicia

Boa imaxe do piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Maratón Curto.

Esta fin de semana o encoro do Pontillo do Castro en Verducido foi sede do Campionato de España de Maratón Curto no que os equipos da comarca obtiveron moi bos resultados a pesar de non meterse no podio por equipos. Os gañadores da xornada foron o Piragüismo Aranxuez (497 puntos), o Piragüismo Conca (239 puntos) e o Náutico Pontecesures (219). A EP Ciudad de Pontevedra foi sexta con 173 puntos.

En categoría sénior masculina Tono Campos impúxose na proba de C1 onde Diego Romero e Fernando Busto tivéronse que retirar. O tamén galego Rubén Paz (Ría de Aldán), aproveitou esta circunstancia para facerse co bronce. En feminina, Jenifer Casal tampouco defraudou e fíxose coa medalla de ouro.

Pola súa banda, na proba masculina do K1, Antonio Palmas (Piragüismo Vilaboa) colgouse a medalla de prata, mentras que Tania Álvarez facíase coa prata.

Finalmente, na categoría sub 23 destacaron as medallas de ouro e prata dos compoñentes do Piragüismo Verducido Joaquín Iglesias e Adrián Prada, ademais de Jaime Duro e Diego Piñeiro, da E.P. Ciudad de Pontevedra, que lograron o dobrete en C1.

Máis de medio milleiro de padexeiros cítanse esta mañá en Catoira.

A proba da Liga Provincial reúne a prebenxamíns, benxamíns e alevíns

A praia fluvial de Catoira aséntase un ano máis como parada da Liga Provincial de piragüismo. A competición que desde hai uns anos busca incentivar os máis cativos na práctica do deporte máis laureado de Galicia. Máis de medio milleiro de padexeiros das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, 541 para ser exactos, disputarán as regatas das súas respectivas franxas de idade e sexo.

Sobre unha distancia de 1.500 metros, distribuída entre a praia fluvial e as Torres de Oeste, a cita catoirense arrinca esta mañá ás 10.30 horas coa disputa da regata prebenxamín feminina, para rematar ás 13.30 coa saída da carreira alevín A masculina. No medio, cunha cadencia de 20 minutos, as oito probas restantes, todas elas en caiac.

Son 21 os clubs inscritos na nova parada da Liga Provincial de piragüismo. Entre eles, o Breogán do Grove acode co maior número de padexeiros, 66, só dous máis cos do Cofradía de Pescadores Portonovo e seis có club anfitrión, o As Torres-Romaría Vikinga. Xa con 51 ségueos o Club de Mar Ría de Aldán-Gandón S.A., o primeiro equipo da nova subcampioa olímpica de K1 200, a canguesa e veciña do Grove Teresa Portela. O Ría de Aldán defende o primeiro posto na xeral provisional da Liga Provincial, con 140 puntos, co Breogán segundo con 134 e o Portonovo terceiro con 130.

Polo que respecta ao resto dos clubs do sur de Arousa, o Náutico O Muíño de Ribadumia preséntase en Catoira con 40 rapaces, polos 18 do Piragüismo Illa de Arousa, os 16 do Náutico Pontecesures, os 9 do Piragüismo Cambados e os 4 do Depornáutic Arousa de Vilagarcía. Un de cada tres equipos presentes é da comarca.

Nacional Master en Pontevedra

Tamén hoxe, en Pontevedra, máis de 200 padexeiros cítanse no Campionato de España Master. A proba, para caiacs e para canoas dun, de dous e de catro integrantes, conta con regatas de 200 e de 1.000 metros.

O Campionato de España Master comeza ás 9.30 horas no encoro de Verducido e verá a saída da súa derradeira regata polas medallas ás 18.40, con pausa intermedia para a comida dos deportistas e integrantes da organización.

La Voz de Galicia