Bases para a selección dun auxiliar administrativo en propiedade no Concello de Pontecesures (persoal funcionario).

Aparecen as bases na páxina 37 e seguintes do Boletín Oficial de Provincia nº 53 de 18/03/10.

Compre subliñar que o prazo de 20 días naturais para presentar as solicitudes non se computa dende esta publicación no BOP, senón dende que estas bases saian publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) como dispón a base 4, parágrafo 2. Dita publicación aínda pode tardar algo.

Retiradas, para o seu arranxo, as canastras da pista polideportiva do peirao.

Estas canastras estaban en moi mal estado (unha delas permanecía caida e sen taboleiro dende hai tempo). O pasado xoves foron retiradas para o seu arranxo.
Tamén na pista polideportiva foi retirado unha parte do valado perimetral da mesma (o que a separa do terreno portuario interior). Este valado foi derrubado por mor dos derradeiros temporais e as bases dos mástiles estaban completamente oxidados e inservibles. Agora estase a espera da presentación do proxecto da remodelación integral do peirao.

A solicitude de prazas para os campamentos remata o 23 de marzo.

Esta aberta ata o 23 de marzo o prazo para se inscribir nos campamentos xuvenís dentro da “Campaña Verán 2010” da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, para rapaces de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como en outras comunidades autónomas, e se realizan diferentes actividades de ocio, lecer, didácticas ou deportivas.

Na OMIX do Concelo de Pontecesures (tfno: 986/564410) facilítase información.

A licitación do albergue de peregrinos de Pontecesures é inminente.

O proxecto da obra deste albergue, que vai ir situado na rúa Avelino Pousa Antelo, preto do CPI Pontecesures (utilízanse as antigas escolas de mestres máis un terreo circundante), redactado por Carlos Besada Ferreiro xa foi supervisado pola Sociedade Pública de Investimentos (SPI), logo de modificar lixeiramente algunhas partidas do orzamento. O importe da obra vai ter así un custo xa definitivo de 371.000 euros que van ser afrontados na súa integridade pola administración autonómica.

? moi posible que o anuncio do SPI sobre a licitación da obra sexa publicado na semana próxima, unha vez que se cumprimenten unha serie de trámites por parte da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo coa sociedade de investimentos.

O goberno local de Pontecesures está moi interesado en que a obra sexa adxudicada canto antes, co fin de contar co albergue o antes posible dentro deste Ano Santo Xacobeo.