Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

O incendio nun almacén de chatarra preto do río Sar causa alarma en Pontecesures, Padrón e Dodro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Sobre ás 20 horas declarouse un incendio nun almacén de chatarra situado preto da desembocadura do río Sar no Ulla (penso que no termo municipal de Padrón, no límite con Dodro). Neste almacén deposita a chatarra un vehículo con remolque rotulado coa inscrición “El mundo submarino”, que está estacionado en moitas ocasións coa chatarra nas rúas centrais de Pontecesures.
A fume negra era visible dende varios quilómetros á redonda, e arestora está controlado. Participan na extinción Protección Civil de Padrón, Valga, Pontecesures así como outros coches de bombeiros. Ao parecer non hai danos personais.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.