ESTE XOVES 27 DE MARZO,PALCO DE ESTRELAS CO CANTANTE GERSON GALVÁN

O vindeiro xoves 27 de marzo,no programa das orquestras galegas “Palco de Estrelas” que produce e presenta Daniel Seijas en Radio Valga 107.4 FM,contará coa presencia do gran artísta canario Gerson Galván,actual vocalista da orquestra “Gran Parada” de Rianxo.Virá a presentar o seu último disco en solitario,grabado na República Dominicana. Gersón Galván é ademais compositor (compuso para discos de “Armonia Show”) e foi ademais locutor e presentador de radio e televisión.Con este xa son 15 discos grabados por el.

Houbo bastante xente hoxe nas procesións de Pontecesures

Ás dúas procesións de Venres Santo saíron ás 11 horas, e a primeira en chegar á Plazuela foi a da Virxe das Dores que viña da Praza dos Valeiros de Porto.

A que portaba a imaxe de Xesús coa cruz a costas, que saiu de Carreiras, chegou á Plazuela ás 11:50 horas, logo de que perante o percorrido houbera varias paradas nas que o párroco Arturo Lores daba letura as pasaxes biblicas sobre a paixón de Cristo.
Despois do encontro e unha vez que tivo lugar a interpretación dunha peza por parte do Coro da Barcarola, o pai Isorna, dende o balcón do Tele Bar, pronunciou o Sermón das Sete Palabras baseado nas expresión de Xesús na cruz.

Unha vez rematado o sermón e a actuación do coro, e coas imaxes e os asistentes xa na Igrexa, o párroco agradeceu ás Comisións de Festas de Porto e de Carreiras (os costaleiros foron membros de ámbolos dous colectivos), ó pai Isorna, e ó Coro de A Barcarola a colaboración nos actos, mostrándose satisfeito pola presenza dos numerosos asistentes.

procesion-pontecesures-1.jpg
procesion-pontecesures-2.jpg
procesion-pontecesures-3.jpg
procesion-pontecesures-4.jpg

Parellas de “Escenas de matrimonio” en Valga.

p056genn01_1.jpg

Pepa e Avelino foron uns dos protagonistas da noite.

O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron o ??Día do pai? tres parellas moi peculiares e coñecidas por todos; eles son Pepa e Avelino, Concha e Moncho, e os ??churris?. Os seis membros da ??Escola de Teatro do Concello de Valga? protagonizaron ??Escenas de matrimonio?.
A representación tivo unha duración aproximada de trinta minutos e o público quería máis. Amor, humor, un escenario sorprendente e tamén música foron os elementos que engancharon a un público entregado que desfrutou unha vez máis co teatro.

Pepa e Avelino, que levan casados cincuenta anos; Concha e Moncho, que hai vinte deron o ??si, quero?, e os ??churris?, que aínda están a desfrutar da lúa de mel, xa que hai pouco tempo que pasaron pola vigaría, tratan diferentes temas que afectan á convivencia diaria.

Temática. O amor segundo van pasando os anos, a comida e tamén as relacións íntimas son algúns dos puntos que arricaron os sorrisos do público ante as diferentes opinións dos protagonistas.

A representación, que nace con intención continuísta, está composta por seis ??sketches? nos que tratan seis temas distintos e que van introducidos por unha canción que xa adianta o que tratarán; así soaron pezas como ??Juntos?, de Paloma San Basilio, ou ??Os bistéqueles?, de A roda.

Os encargados de dirixir a Escola de Teatro de Valga, Juan Ramón Angueira e Begoña Piñeiro, xunto cos integrantes da mesma, querían facer algo diferente para darlle pulo á escola, e a idea elixida polos seus membros foi a recreación teatral do programa televisivo aínda que con certas modificacións posto que a intención era adaptar o formato á vida cotiá de calquera parella galega.

DIARIO DE AROUSA, 21/03/08

La parroquia ultima los preparativos de las dos procesiones de Viernes Santo en Pontecesures.

semana-santa.jpg

El párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, ultima con un grupo de fieles los detalles de las procesiones simultáneas que saldrán el Viernes Santo a las 11 horas del cruceiro de Carreiras (con la imagen de Cristo con la cruz a cuestas) y de la plaza de los Valeiros de Porto (con la imagen de la Virgen Dolorosa).

El encuentro de ambas procesiones será en la Plazuela donde, a las 12 horas, tendrá lugar el Sermón de las Siete Palabras por parte del padre Isorna (franciscano).

El párroco hace un llamamiento a los vecinos para que acudan a estos actos y participen en los mismos. Se recuerda que, después de muchos años, vuelven a celebrarse procesiones en Pontecesures.

Magia y teatro protagonizan la Semana Santa en el Auditorio de Cordeiro.

El Concello de Valga ha preparado para el día de hoy a las 20 horas una jornada de magia y teatro con el fin de dinamizar la vida cultural del munnicipio.
El Rey Midas ofrecerá a los asistentes un espectáculo de magia antes de dar paso a la Escola de Teatro del concello que mostrará una recreación del programa televisivo de humos “Escenas de matrimonio”.

DIARIO DE AROUSA, 29/03/08