A gaiteira Adriana Rivas obtivo un premio especial no certame de Rianxo.

Neste I Certame de Música Tradicional “Festas da Guadalupe 2007”, a gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo pertencente ó grupo folclórico “Algueirada” obtivo un premio especial como solista (foi acompañada co tambor por Miguel Castaño). O primeiro e o segundo premio foron para gaiteiros con varios anos de experiencia (Adriana ten só 15 anos), pero o xurado quixo premiar tamén a magnífica interpretación da gaiteira cesureña.

Ademáis do premio económico, Adriana recibeu a felicitación dos compoñentes do xurado animándoa para que continúe esforzándose no futuro.

Durante a actuación
Durante a actuación
Miguel,Jordi e Adriana,durante a súa actuación
Miguel,Jordi e Adriana,durante a súa actuación
Os irmáns Miguel e Jordi durante a actuación
Os irmáns Miguel e Jordi durante a actuación
(de esquerda à dereita) Miguel (bombeiro) ;Adriana (ghaiteira) ;Jordi (percusionista)
(de esquerda à dereita)Miguel(bombeiro);Adriana(ghaiteira);Jordi(percusionista)
Adriana moi contenta e sorprendida despois de recoller o premio
Adriana moi contenta e sorprendida despois de recoller o premio
Adriana e o seu mestre Miguel,co compoñente dos Rosales,Xosé Romero Suárez(autor as pezas A Camposa e Lembrando,obligadas no concurso)
Adriana e o seu mestre Miguel,co compoñente dos Rosales,Xosé Romero Suárez(autor as pezas A Camposa e Lembrando,obligadas no concurso)
No remate da actuación,falando con Xosé Romero
No remate da actuación,falando con Xosé Romero
Adriana e o seu mestre Miguel
Adriana e o seu mestre Miguel

A Festa da Bicicleta tivo uns 130 participantes

Nunha tarde moi calurosa celebrouse un ano máis a Festa da Bicicleta organizada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra.

100_7441-web.JPG

Despois da chegada a Plazuela tivo lugar a entrega de varios premios por parte da alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de Deportes, Javier Quintá (que tamén participaron na marcha cicloturista).

Como muller de máis idade recibeu un trofeo a propia alcaldesa, Maribel Castro (56 anos).

100_7462-web.JPG

Como home máis veterano recibeu o trofeo José Tubío, de Padrón (72 anos).

100_7464-web.JPG

Como bicicleta máis orixinal foi premiada a de Raquel Diz Gil de Pontecesures.

100_7461-web.JPG
100_7469-web.JPG

Houbo despois varios sorteos de cascos, xogos e botellíns e para rematar sorteouse unha bicicleta que lle tocou ó neno de 4 anos Alfonso Alvarez Constantino de Cordeiro.

100_7482-web.JPG

O sábado 8 de setembro, Festa da Bicicleta

bicicletaEsta festa é organizada polo Concello de Pontecesures en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.

Comezará ás 17 horas na Plazuela e o percorrido iniciarase sobre as 17,30 horas e vai ser, coma nas edicións anteriores, por Porto, Redondo, Carreiras, Infesta e San Xulián, estimándose a distancia nuns 10 quilómetros. A esta proba recoméndase que só vaian nenos maiores de 6 anos. Os máis pequenos acompañarán a marcha durante o primeiro quilómetro, regresando á continuación cara a Plazuela, para esperar o remate do paseo. Para tódolos participantes habera sorteos de mochilas, cascos e incluso o de unha bicicleta.

E obrigatorio o uso do casco para previr posibles danos en carreira.

Asi mesmo, haberá trofeos para a bicicleta máis orixinal e para o participante de máis idade.

Faise un chamamento á participación cidadá tanto dos cesureños como dos afeccionados en xeral, lembrando que non é unha competición senón unha marcha cicloturista festiva para pasalo ben.

(máis…)

O grupo “Algueirada” participa hoxe nun festival folclórico en Baiona.

Mixturado co grupo “Chorima” de Rois, o grupo folclórico cesureño “Algueirada”, participa hoxe no festival de referencia que comeza ás 19 horas nesa vila turística.
Logo de disfrutar duns días de convivencia no Centro de Educación Ambiental “EQUAL” en A Barra-Coles (Ourense) os días 25, 26 e 27 de agosto, os integrantes de “Algueirada” desprázanse ilusionados a este importante festival, aínda que hai algunhas baixas polos exames de setembro.
Tamén o luns pola mañá, actuará o grupo cesureño nas festas de Imo-Dodro.

El grupo “Fía na Roca” actuará hoy por la noche en la Plazuela.

Uno de los grupos más emblemáticos de la música gallega, “Fía na Roca” dará un concierto hoy a las 21,30 horas en la Plazuela de Pontecesures. Durante la actuación sus siete miembros darán a conocer entre el público cesureño los temas de su nuevo trabajo discográfico “Vente vindo” pero interpretarán algunas de las canciones de us cuatro discos anteriores, en los que se mezcla tradición y vanguardia, con estilos como el jazz, rock, funk y folk. La entrada será libre y gratuita.

O Afiador de Tella – Fia na Roca

DIARIO DE AROUSA, 31/08/07

Patrimonio evalúa la posibilidad de restaurar el cruceiro que rompió en Porto.

Un técnico de la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural visitó ayer Pontecesures para conocer el estado en que está el cruceiro de la Praza dos Valeiros de Porto, que rompió el pasado día 23 como consecuencia de una maniobra realizada por un vehículo de una de las orquestas que actuó en las fiestas de San Roque.

El fuste quedó en pie pero la cruz rompió en veinte trozos, que están depositadas en los almacenes municipales.

(máis…)