FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2007

No día de onte celebrouse o Festival das Letras Galegas que dende hai varios anos se organiza por estas datas no noso concello.

Este ano presentación do mesmo correu a cargo da locutora de radio Valga Lidia Gallas, quen foi presentando a cada un dos grupos folcloricos.

(máis…)

O sábado 19 Festival Folclórico na Plazuela.

Terá lugar ás 20 horas do sábado 19 de maio o Festival Folclórico de Música Tradicional “Letras Galegas 2007” no que actuarán os seguintes grupos:

* Rancho Folclórico Penacova de Coimbra (Portugal)
* Algueirada de Pontecesures
* L’Artusu de Mieres (Asturias)
* Xarandeira de Pontecesures

Organiza o evento o concello de Pontecesures e colaboran a ANPA do CPI Pontecesures, a A.C. Xarandeira e a Deputación de Pontevedra.

Suárez Canal y Álvarez Angueira firman autógrafos y animan a los ciudadanos a escribir «os libros de Historia de Galiza»

Le gustaría contarle algún día a sus nietos que usted protagonizó un momento de esos denominados históricos para Galicia? Si es así, no tiene más que escoger la papeleta del BNG y depositarla en la urna que le corresponda el próximo día 27. La receta fue acuñada por el ubicuo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, en el mitin central que el Bloque celebró el lunes en Pontecesures.
(máis…)

A gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo participa no II Certame de Gaiteiros Solistas “Manuel Dopazo” en A Bandeira (Silleda)

Celébrase maña domingo a partir das 17 horas e acudiran preto de 15 gaiteiros de toda Galicia (na edición pasada Adriana foi a única muller participante).

As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

O estilo e carácter da peza a interpretar, serán necesariamente galegos.

A duración da interpretación non rebasará os 6 minutos (incluida a afinación).

? obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.

A orde de participación no Certame, será o mesmo que o número de inscrición.

Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 750 ? e Diploma
2º. Clasificado: 450 ? e Diploma
3º. Clasificado: 200 ? e Diploma

O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

A Xunta Directiva da ANPA deséxalle a Adriana integrante do grupo “Algueirada” os maiores éxitos.

Cultura impulsa a consulta en liña de documentos históricos

Pares

Segundo se pode ler en El mundo, o Ministerio de Cultura ven de crear o Portal Pares onde se poderán consultar máis de 19 millóns de documentos e imaxes dos arquivos históricos que xestionan.

Gracias a esto podemos atopar referencias ó noso concello en múltiples documentos coma no caso do seguinte documento, datado o 24 de febreiro do ano 1.717, dentro do Arquivo Xeral de Indias dentro da Casa da contratación que esta arquivado ca seguinte descripción:

Expediente de información y licencia de pasajero a indias de Juan de Gainza, veedor del presidio de Buenos Aires, comisario de guerra, con sus criados Domingo Gainza, natural de Bilbao, hijo de Domingo de Gainza y de Teresa Ugarte, y Fernando Natera, natural de San Julian de Requeijo (Santiago), hijo de Domingo de Natera y de Dominga Moreira, a Buenos Aires.

Para ver os datos (ficha) e incluso o documento dixitalizado hai que buscar “Requeijo” (na percura simple) e seleccionar o documento do Arquivo xeral de Indias (o último resultado que da).

Hai moitos documentos, ¿ Que sorpresas poderemos atopar sobre o noso concello aquí ?