Bea y el Ulla River Festival encabezan las Festas do Carme máis ambiciosas

El alcalde Manuel Luis Álvarez Angueira y la cantante cesureña Beatriz Porrúa presentaron ayer la programación de las Festas do Carme, que se celebran entre el 30 de junio y el 4 de julio, y que tiene como grandes alicientes las actuaciones musicales del fin de semana.

Angueira destacó que se trata de la edición más ambiciosa de los festejos, a los que quisieron imprimir outra dimensión con actividades deportivas para os rapaces e música para os mozos, cambiando o carácter que tiña antes, cando só había verbenas, para adaptarse a tódolos públicos.

(máis…)

Avelino Pousa Antelo obtén a medalla Castelao

O insigne galeguista e Presidente da Fundación Castelao será galardonada ca medalla Castelao. Avelino Pousa Antelo estivo no grupo escolar de Pontecesures dende o ano 1.970 ata a súa xubilación no ano 1983.

Biografía de Avelino Pousa Antelo:

Nado na Barcala (A Baña), Avelino Pousa Antelo (Lucho do Peto) cursou seis anos na Universidade Pontificia Compostelá, Maxisterio en Santiago, dous cursos de Comercio en Lugo e Xerente de Cooperativas en Zaragoza. Afiliado ás “Mocedades Galeguistas”, tomou parte na propaganda do Estatuto de Autonomía de 1936. Agrarista e cooperativista, colabora coa sociedades agrarias barcalesas. En 1946 foi bolsado á Misión Biolóxica de Galicia para prepararse para dirixir a Escola Agrícola da Granxa Barreiros de Ortoá (Sarria) que comezou o 1 de xaneiro de 1948. De alí xordiron os Cursos Agropecuarios para mestres rurais que se celebraron en Lugo desde 1948 ata 1971 (ano en que faleceu Antonio Fernández López, que era quen os financiaba). Marchou a Orotava (Tenerife) en 1955 e alí traballou de mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular. Regresou a Galicia en 1960 para traballar como técnico de SEMISA, empresa productora de semente. En 1960 marchou a Zaragoza, onde dirixiu a empresa gandeira AIVESA. Regresou a Galicia en 1970, ó grupo escolar de Pontecesures, onde exerceu ata a súa xubilación en xaneiro de 1983. Actualmente é presidente da Fundación Castelao, vicepresidente da Fundación Fernández Florez e vocal das Fundacións Pedrón de Ouro e Alexandre Bóveda.

(máis…)

«Hei seguir coa gaita ata que morra»

Ten só 14 anos e un prometedor futuro. Adriana Rivas estuda no centro de Pontecesures e pertence ao grupo Algueirada. Esta fin de semana viaxa a Bandeira, en Silleda, para participar no primeiro certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo.

-¿Cando comezou?

-Empecei coa frauta aos seis anos. E a miña primeira gaita mercáronma no 2000, cando tiña oito anos, así que levo seis tocando.

-E tocando moi ben, seica.

-Home, si, toco ben.

-¿De onde vén esta paixón?

-Non sei. A min xa dende pequeniña gustábame moito tocar. Ía escoitando cancións e ía quitándoas.

-¿De oído?

-De oído, pero agora vou tamén a clase de solfeo.

-Oído ben fino, xa que logo.

-Si, bastante fino, é certo.

-Dígame, ¿que tal o certame?

-Sei que vén xente de moito prestixio como Edelmiro Fernández ou Dani Bellón…

-¿? o seu primeiro concurso?

-Noon, non hai moito, en abril, dous días antes do meu cumpreanos, fun ao meu primeiro concurso.

-Moitos nervios…

-Pois non. Alí estaba como sedada. Ensaiara moito, por iso estaba moi tranquila, e as cancións saían soas. Os meus pais estaban máis nerviosos ca min. E mesmo o meu profesor, Miguel Castaño, que está seguido apoiándome; pero eu non.

-¿E como ve o seu futuro coa música? ¿Como profesional, se cadra?

-A ver, ao final non sei se, por circunstancias da vida, poderei dedicarme por completo, pero o que lle digo a todo mundo é que quero ser gaiteira. Se cadra teño que facer outro traballo, pero hei seguir coa gaita ata que morra, iso é seguro.

-O certo é que exemplos coma os de Seivane ou Pato demostran que as mulleres si poden abrirse camiño neste mundo.

-Podemos, si. ? verdade que hai máis rapaces. Pero eu teño algunhas compañeiras que tamén tocan a gaita. Logo, xa veremos.

LA VOZ DE GALICIA 16/06/2006

A gaiteira de Pontecesures Adriana Rivas Seijo participará noutro concurso de gaiteiros solistas.

A gaiteira Adriana Rivas Seijo de 14 anos de idade e pertencente ó grupo “Algueirada” da ANPA do CPI Pontecesures. participará no I Certame de Gaiteiros Solistas “Manuel Dopazo” que se celebrará en Bandeira (Silleda) o vindeiro domingo día 18 de xuño.

Tomarán parte no concurso un máximo de 20 gaiteiros/as que só poderán levar un acompañante para a percusión, non rebasando as interpretacións os seis minutos.
Nestes días Adriana está a últimar a preparación co profesor du grupo Miguel Castaño.

A xunta directiva da ANPA deséxalle a Adriana os maiores éxitos polo traballo e dedicación que esta a amosar no manexo da gaita galega. Asi mesmo queremos agradecer o profesor o labor que está a realizar na formación muisical da rapaza.

O grupo folclórico Algueirada actúa o venres día 9 no programa LUAR da TVG

O grupo “Algueirada” dependente da ANPA do CPI Pontecesures actúa o venres día 9 no programa de referencia que comeza sobre ás 21,40 horas. O programa desenvólvese en directo no plató 1000 da TVG de Montouto (Teo).

Actuarán uns 20 rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos dirixidos polo monitor de danza e pandeireta Martín e o monitor de gaita Miguel.O sábado e o domingo próximo o grupo tamén actuará nas Festas de O Pazo (Rianxo).E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo se consolide para potenciar o folclore galego entre os nenos/as de Pontecesures.

A Barcarola pechou o Ciclo de Teatro de Maio, ca obra “A herdanza do tío Pedro”

Este pasado Domingo 28 de Maio o grupo de teatro da Asociación “A Barcarola” representou a obra a “Herdanza do Tio Pedro”. Este grupo de 10 actrices e actores cesureños dirixido por Fernando Rodríguez tiveron o apoio dunhas 200 persoas que se congregaron no Centro Social para ver esta obra da que quedaron satisfeitas e impresionadas ca súa representación, e ós que os representantes desta asociación queren agradecer a súa presencia.

A obra pechou o ciclo de teatro que houbo durante o mes de maio en Pontecesures organizado polo Concello e no que adicadou maio coma mes cultural.

A Barcarola anima a todas aquelas persoas ás que lle gustaría participar no seu grupo de teatro, a que se poñan en contacto con esta asociación para poder ter mais representacións teatrais ó longo do ano e darlle maior continuidade nos 12 meses.

Entregados onte os premios do concurso de redacción “LETRAS GALEGAS 2006”

Na biblioteca do CPI Pontecesures, entregáronse onte os premios do concurso de referencia organizado pola ANPA do centro e no que participaron os nenos de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e “Ferro Couselo” de Cordeiro e dos CPI “Progreso” de Catoira e Pontecesures.

Os gañadores das distintas categorías foron:
-4º curso. Alberto Rivas de Jesús (CPI Pontecesures)
-5º curso. Paula Martinez Suárez de Centi (CPI de Catoira) e Sara Azidane Chenlo (CEIP Baño-Valga)
-6º curso Xenxo Campaña Fernández (CEIP de Cordeiro)

Antes da entrega de premios polos representantes dos tres concellos e pola directora do CPI Pontecesures, houbo unha magnífica charla da filóloga e poeta Elvira Riveiro Tobío que comparou a poesía de Lugrís Freire coa dos poetas galegos modernos.
Despois de ler a súa redacción Xenxo Campaña en representación de tódolos premiados a ANPA agradeceu a colaboración co evento da conferenciante, dos profesores dos centros, da Deputación de Pontevedra e de Fernando Rodríguez Gómez.
Para rematar o acto interpretou (moi ben, por certo) o himno do antigo reino de Galicia a gaiteira Adriana Rivas Seijo que é alumna do CPI Pontecesures e pertence ó grupo “Algueirada” dependente desta ANPA.
A organización desde concurso no vindeiro ano correspóndelle a ANPA do CPI “Progreso” de Catoira.

Pontecesures, 30 de maio de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA do CPI Pontecesures

El Concello editará un libro sobre la «memoria fotográfica» cesureña

El Concello de Pontecesures tiene previsto editar un libro sobre la memoria fotográfica del municipio coincidiendo con la declaración de este año, por parte de la Xunta, como el de la memoria histórica. Con tal motivo, desde el Ayuntamiento se pide la colaboración de todos los vecinos para que cedan, por un espacio de dos meses, fotografías anteriores al año 1980 con el fin de poder hacer una selección de las mejores estampas que ilustren la vida social del municipio. Los interesados en colaborar con esta iniciativa deben acudir al Concello y preguntar por José Rodríguez.

LA VOZ DE GALICIA 28/05/2006