Nova ubicación da web da A.C.Xarandeira

Fai uns días falábase aquí da Asociación Cultural Xarandeira.

Pois ben, tras un pequeno “lavado de cara”, e gracias a Antonio Cortés (según teño entendido, máximo responsable desta páxina), a páxina web da A. C. Xarandeira trasládase a unha nova ubicación.

A partir de agora, poderase encontrar na dirección:

p(centrado). http://xarandeira.pontecesures.net.

Por certo, tanto a A. C. Xarandeira coma o grupo Algueirada (ambos de Pontecesures) participarán na homenaxe ao basket cesureño deste sábado. Acudide a velos!!

Adriana Rivas Seijo participará no VII Concurso de música tradicional Xiradela

p(titulonota). Nota da ANPA do CPI Pontecesures

O vindeiro domingo día 2 de abril participará no *VII CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL XIRADELA* que se celebrará no Centro Cívico Cultural de Arteixo a alumna do colexio *ADRIANA RIVAS SEIJO*.

Esta gaiteira de 13 anos de idade forma parte tamén da Agrupación Folclórica Algueirada dependente desta ANPA e participará no concurso de solistas xunto con outros 15 gaiteiros/as de toda Galicia.

A xunta directiva deséxalle os mellores resultados a esta nena que se leva esforzando moito nos últuimos tempos nesta especialidade da gaita galega.

Pontecesures, 31 de marzo de 2006
A XUNTA DIRECTIVA

Asociación Cultural Xarandeira

A Asociación Cultural Xarandeira comezou a súa andadura no ano 1999 como grupo de pandereteiras, por iniciativa dun grupo de mulleres de todalas idades.

No 2003 constituese legalmente como asociación cultural comezando a participar en distintos eventos socio-culturais da comarca e outras zonas de Galicia.

En *”http://xarandeira.iespana.es”:http://xarandeira.iespana.es/* está a páxina desta agrupación que con dende o ano 1999 é un exemplo a seguir.

Blogueiros de Pontecesures

O noso veciño “Javi Chaves”:http://javichaves.blogspot.com/ ten un weblog no que fala de novas tecnoloxías, cine e coma non: do curto presentado o pasado venres en Pontecesures “Falamos” no que colaborou coma actor, axudante de dirección e tamén na banda sonora.

A dirección do weblog de Javi Chaves é:

*”javichaves.blogspot.com”:http://javichaves.blogspot.com *

Pontecesures.net é tamén un weblog. Segundo a “wikipedia en galego”:http://gl.wikipedia.org/wiki/Weblog :

Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

A medida que vaiamos atopando outros blogueiros de Pontecesures amosarémolos.

Neira Vilas compara la lamprea con los emigrantes en el pregón del festejo

*El Subdelegado del Gobierno, los delegados de Medio Rural e Industria y numerosos alcaldes respaldaron ayer a Álvarez Angueira en los actos oficiales de la Festa da Lamprea.*

Pontecesures contó ayer con un pregonero de excepción, el escritor *Neira Vilas*, que en su exposición comparó la lamprea con un ‘emigrante retornado’, por tratarse de una especie que abandona el río para explorar el mar pero siempre ‘volve ó lugar onde naceu’.

Un pregón repleto de referencias históricas y muy documentado desveló numerosos datos desconocidos por el público presente y mantuvo la atención de todos hasta su conclusión.

El escritor de Vila de Cruces comparó la lamprea con un emigrante retornado argumentando que esta especie tamén é un emigrante que retorna; fuxe ó mar e un día volve ó lugar de orixe, ó lugar onde naceu, volta ó río de auga doce, porque quere que aquí nazan os seus fillos, que tamén han de emigrar. Fan case o mesmo ciclo de ir e voltar de moitas das nosas xentes .

A lo largo de su discurso citó a algunos de los más insignes intelectuales gallegos relacionando sus planteamientos con la lamprea. Así, señaló que Castelao falaba de devolver á terra o corpo que nos emprestou, e a lamprea devólvelle ó río o seu corpo. Que llo siga devolvendo e siga remontando o río, que os pescadores da comarca xa se ocuparán dela. Toda unha parábola do ciclo da vida , deseó.

Neira Vilas hizo constantes alusiones a su época de emigrante, en América, donde reconoció que descubrín Galicia, e traballei exaltando e divulgando os seus valores entre propios e alleos . Hizo referencia al arzobispo Gelmírez, quien sentó en Cesures las bases de la que luego sería la Armada española, limpou de piratas as Rías Baixas e comezou a construcción dunha flota de naves de guerra para defenderse de incursións dos normandos e sarracenos. E todo iso ás beiras do Ulla, un río polo que un cronista do século XVII dicía que navegaban grandes navíos cargados de mercancías.

(máis…)

Xosé Neira Vilas

xose_neira_vilas.jpgCategoría: Escritor
Lugar de nacemento: Gres (Vila de Cruces) Pontevedra
OBRAS REALIZADAS:
Entre os libros publicados destacan: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, O cabaliño de buxo, De cando Suso foi carteiro, Historias de emigrantes, Tempo novo, Aqueles anos do Moncho, Querido Tomás, Galegos no golfo, Camiño bretemoso, A muller de ferro, Crónicas galegas de América, O home de pau, Lar, Nai, Pan Guerrilleiros, Galegos que loitaron pola independencia de Cuba, A lingua galega de Cuba, A prensa galega de Cuba, Castelao en Cuba, Rosalía de Castro en Cuba, Manuel Murguía e os galegos da Habana, etc.

OUTROS DATOS DE INTERESE:
Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Premio da Crítica Española. Premio de ensaio da Crítica Galega, Pedrón de Honra, Medalla Celanova Casa dos poetas, Vieira de Prata de Montevideo. Insignia de Ouro do Centro Galego de Barcelona, Premio Irmandade do Libro,etc,

CURRÍCULUM:
En 1949, con 20 anos, emigra a Bos Aires. Desempeña diversos traballos. Fixo estudios diversos, tales como comercio, música, xornalismo, literatura. Descobre Galicia e fai intenso activismo cultural galego. Vincúlase a intelectuais do exilio: Seoane, Dieste, L. Varela, Valenzuela… ? secretario xeral das “Mocidades Galeguistas” e codirector do xornal “Adiante”. Participa na organización do primeiro Congreso Emigración Galega. Casa en 1957 coa cubana Anisia Miranda. Funda ese mesmo ano “Follas Novas”, editorial e distribuidora de libros galegos. Publica en 1960 o poemario Dende Lonxe e en 1961 Memorias dun neno labrego, En 1961, Neira e Anisia van residir e traballar a Cuba. Traballa na Administración. Fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante 22 anos. Desde 1983 ata que se xubilou, en 1989, desempeñou o posto de redactor xefe da revista infantil “Zunzún”. Nos 31 anos en Cuba escribiu a maior parte dos seus libros. Radicouse, con Anisia, en Galicia en 1992 onde preside a Fundación Xosé Neira Vilas.

Los concellos informan sobre los planes de turismo social de la Xunta

La Voz de Galicia 23/03/2006

El Concello de Pontecesures es uno de los que participa en el programa diurno de carácter lúdico en el Balneario Termas de Cuntis que organiza la Diputación de Pontevedra. Los cesureños tienen veinte plazas a su disposición: diez plazas para la tanda de primavera (del 17 al 21 de abril) y otras diez para otoño (del 18 al 22 de septiembre). El programa facilita la asistencia al balneario durante una semana, incluido el transporte. Los participantes tiene que abonar tres euros. El plazo de inscripción concluye el *30 de marzo* y se puede formalizar en el Concello.

Os precursores do basket cesureño

[photopress:m_equipo_20colexio_20principios_2080.jpg,full,centered]
 
Hoxe quero poñer unha foto dos precursores do baloncesto de Pontecesures. Foi tomada un día de competicións escolares alá por 1980 ou 1981… coñecedes a alguén deles? Este grupo de rapaces foi o espello para que outros mais novos nos animaramos a xogar ó basket… polo tanto eles, sen chegar a xogar feerados coma tal son os precursores do baloncesto en Pontecesures.