2ª Camiñata por parellas Concello de Rois

PATROCINA: Concello de Rois
ORGANIZAN: Asociación Colectivo Remonte y Concello de Rois
COLABORAN:
Concellerias de Deportes e Medio Ambente de Rois
Protección civil de Rois
Grupo Voluntariado de Rois

SAIDA
17:30 Horas; dende o Polideportivo (Para recoller os dorsais, haberá que estar 45 minutos antes), onde haberá aparcadoiros e duchas.
CHEGADA TOPE
22:00 Horas; no Polideportivo.

SIPNOSIS DA PROBA
Con esta iniciativa pretendese buscar alternativas de dimensions distintas, favorecendo o diálogo, aumentando a amizade e fomentando a actividade deportiva entre persoas de idades diferentes

ITINERARIO
Saída dende o Polideportivo cara a Igrexa San Mamede,cruce estrada cara Infesta, camiño de pescadores, As Casas do Porto, Cruce crta Formarís, Camiño da Misa, Monte Ataude, Cruce Crta Padrón-Rois (Control), Oín,Casa do Bispo, Praia fluvial, Camiño pescadores rio Rois, A Peruca, Cornes, Capela do Aido (Control), Carrais,Camiño de pescadores, Destilerias Compostela e Polideportivo.

INFORMACION
Tfnos: 630.708.435 (Arturo) – 699.200.614 (Concello: Roberto Agrelo)

AVITUALLAMENTO
O longo do percorrido haberá 1 punto de avituallamento, coa finalidade de proveer os de auga e froita, será no Km 8,000 (Cruce estrada Ataude).

CONTROIS
Haberá dous: no Km 8,000 (Cruce estrada Ataude) e no Km 13,500 (Capela do Aido).
Para poder optar os Diplomas Acreditativo e obrigado que as parexas os pasen xuntos.

OBSERVACIONS e RECOMENDACIONS
Os camiñantes basoiras ou responsabeis dos controis terán a potestade de poder retirar da proba a calquer andarego/a si sua movilidade ou estado de saúde eisi o acosenlla.
As parellas poden ser masculinas, femeninas ou mixtas
Circular sempre pola esquerda
Usade calzado comodo de deporte. Levade viseira e pequena mochila.
Observar o balizamento (cintas brancas/vermellas e sinais no chan)
O tempo máximo permitido será de 4:30 Horas (Tope 22:00).
O final da proba, na chaira da Igrexa de Rois, haberá refrescos e pinchos.
Poderán participar menores acompañados de un adulto

MENCIONS
Agasallo a parella que sumadas as suas idades, acaden o maior número.
Agasallo a parella que sumadas as suas idades, acaden o menor número.
Sorteo de agasallos entre as parellas participantes.

INSCRIPCIONS
A través das fichas de inscripción que se facilitarán nas oficinas do Concello de Rois.
O importe por participar será de 10 euros por parella, debendo facerse o ingreso na conta
Banco Galicia de Padrón nº: 0075 8997 87 0600085070.
Co boletín de inscripción mandarase o xustificante do ingreso o nº de fax: 981.811.782

PRAZOS
Dende o 15 de Maio ata o 19 de Xuño, ata cubrir o tope de 125 parellas

PERCORRIDO
KM. 0,000: SAIDA POLIDEPORTIVO MUNICIPAL ROIS
KM. 1,000: CRUCE ESTRADA. INFESTA
KM. 2,000: CAMI?O PESCADORES CARA CASAS DO PORTO
KM. 3,000: CAMI?O PESCADORES
KM. 4,000: CRUCE ESTRADA EN FORMARIS
KM. 5,000: CAMI?O da MISA
KM. 6,000: SENDEIRO no MONTE do ATAUDE
KM. 7,000: BAIXADA MONTE DO do ATAUDE
KM. 8,000: CONTROL E AVITUALLAMENTO. CRUCE ATAUDE
KM. 9,000: SENDEIRO de OIN.
KM. 10,500: SEIRA:CASA DO BISPO
KM. 11,000: PRAIA FLUVIAL. CAMI?O PESCADORES
KM. 12,000: CRUCE ESTRADA A PERUCA.
KM. 13,500: CONTROL: CAPELA do AIDO
KM. 14,000: CRUCE ESTRADA CARRAIS.
KM. 15,000: CAMI?O PESCADORES CARA DESTILERIAS
KM. 16,000: CHEGADA. POLIDEPORTIVO MPAL.ROIS

O venres 12 de xuño, festa aniversario do pub “Vértigo”

Esta festa, para conmemorar o décimo terceiro aniversario do establecemento situado en Redondo 98 (Tarroeira), comezará ás 23 horas do venres día 12 de xuño. Desenvolverase no amplo aparcadoiro do pub, onde se celebrará a “Festa do Jolpeo”, onde poderá “jolpear” calquera. Tamén haberá un touro mecánico para disfrute dos asistentes.
Estarán á venda camisetas conmemorativas da festa, ao prezo de 5 euros.

O pleno de maio

Valoración do BNG sobre o acontecido no pleno ordinario do luns 25 de maio de 2009.

O BNG de Pontecesures fai as seguintes valoracións:

1ª En relación coas mocións apresentadas polo BNG. sinalar que, unha e outra vez que o BNG apresenta mocións para a súa aprobación , ás cales o equipo de desgoberno ve moi difícil votar en contra, este usa a estratexia de apresentar mocións alternativas ou enmendas á totalidade, como nesta ocasión, variando un pouco as peticións do BNG e só para non dar por boa a inciativa do noso grupo intentado ocultar así a súa falla de inciativa en temas como os tratados.. O BNG lamenta esta actitude pero aínda así e pese a elo, o noso grupo municipal votou afirmativamente aos cambios introducidos, pois o que se pretendía era por un lado a retirada por parte da Igrexa dos símbolos franquistas e relacionados coa guerra civil que figuran na fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, e por outro deixar plasmada a actitude de Pontecesures en contra da producción de cultivos tranxénicos.

2ª. En relación coa proposta do tripartito acerca da modificación feita no IBI, o BNG mostrouse a favor de subirlle o IBI á autopista ao tipo máximo que permite a lei, pero manifestou que lle sorprendía o silencio mostrado unha vez máis polo PP do Sr. Randulfe, que intenta pasar desapercibido sobre as cuestións de impostos, cando hai dous anos a súa principal promesa electoral foi a baixada de impostos para os veciños e veciñas, e o único que fixo foi, pola contra crear impostos novos ??apretando? máis aos cesureños.

No apartado de rogos e preguntas, estas xiraron fundamentalmente sobre cinco asuntos, como forn a festa da lamprea, a feira do automóbil,o alumeado público, a tala de árbores do centro do pobo e a organización do entroido, amén de outras preguntas sobre arranxos e propostas de obras.

Festa da lamprea: O BNG lamenta a actitude deste ??desgoberno? en relación coa compra das lampreas e cos ??Valeiros? pois encargóulle esta únicamente a dúas persoas sen ofertarlle a posibilidade ao conxunto dos valeiros e máximo cando este ano foi un ano de lampreas..

Os mesmos integrantes do equipo de goberno do PP e Sabariz puxeron en dúbida a procedencia das lampreas desta edición, mentras polo PP se decía que todas as lampreas procedían do Ulla, o tránsfuga afirmaba que él non sabía de onde eran as lampreas. A acaldesa nin sabe nin responde e é de coñecemento de todo o pobo que as lampreas non eran siquera galegas.

Así o tripartito admitíu que non se falou cos valeiros, que tiñan que ser estos os que foran a ofrecerllas si querían, e o que é peor, desprezaron públicamente a este colectivo do noso pobo, sinalando que non lle importaba esta festa, que non colaboraban con ela e que preferían ??quedar na cama ese dia?, en palabras do tránsfuga Sabariz. Esta actitude do tripartito contra os valeiros parécenos totalmente inadmisible.

Feira do automóbil: No pleno quedou constatada a nula implicación do desgoberno municipal coa feira de automóbil Fegaclasic. Non só coas respostas dadas aos concelleiros do BNG no turno de preguntas senón no propio informe que leu a alcaldesa das actuacions desta para coa asociación cultural ??Mirándolle os dentes? dende o mes de xaneiro ata a propia feira, informe que no seu conxunto mostra con rotunda claridade a cantidade de obstáculos e trabas burocráticas que se lle impuxeron á organización cultural formada por veciños de Pontecesures. O seu desexo foi claramente que a feira fracasara.

Non contestaron, razoadamente nin cun mínimo de seriedade, porque dende o concello non se fixo aportación económica algunha á feira, só se lles ocorreu dicir que xa puxeron os municipais a traballar esos días e eso custou cartos en horas extraordinarias (como si non tiveran aos municipais a traballar esos días nos actos que celebraron na prazuela o sábado e o domingo con motivo das letras galegas). A alcaldesa minteu ao afirmar que todos os anos se celebraban actos das letras galegas o sábado e mailo domingo, cando é a primeira vez que no domingo se celebra algún acto, curiosamente para ter desculpas para que os organizadores da feira non poideran usar a prazuela. Todo foron obstáculos e trabas boicoteando a feira: baños, cortes de tráfico, etc

A mesma Maribel Castro, nun acto de cinismo e mala educación comeza o seu informe de presidencia felicitando aos grupos que participaron no festival das letras galegas e nin unha soa mención á asociación cultural ??Mirándolle os dentes?. Ante a pregunta, de porque non actuou nesta ocasión coa representación institucional que obstenta asistindo a algún dos actos da Feira, é á que foi invitada formalmente, resposta que ??non sabía que tiña que facer alí e que tiña cousas máis importantes que facer e que non ten porque dicilas aquíí e que xa mandou a un concelleiro que fora por alí?, mostrando deste xeito un aboluto desprezo á asociación, aos veciños que a compoñen, á feira e ao que supón de prestixio para Pontecesures e a todos os veciños en xeral.

O Grupo Municipal do BNG manifestou a vergoña axena que supoñen estas actitudes de todo o equipo (do PP de Randulfe, do tránsfuga e máis da alcaldesa Maribel Castro) para cun evento tan importante para este pobo como xa é Fegaclasic. Tremendamente lamentable antepoñendo intereses propios e ánimos revanchistas co interés de todo o pobo.

Alumeado público.
Voltouse a preguntar polos permisos aos veciños para colocar o alumeado público nas rúas centrais do pobo, contestando o Sr. Randulfe (prácticamente non tiña intervido em todo o pleno e para como o fixo mellor que seguira calado) que si se lle habían pedido permiso aos propietarios de todas as vivendas onde se instalaron as catenarias, citando o grupo municipal do BNG toda unha serie de edifícios onde con total seguridade se colocaron tales sen a mínima consideración de falar cos seus propietarios, deixando ao concelleiro do PP como um ??mentireiro? unha vez mais. A xuízo do BNG este tipo de alumeado non é o idóneo para este pobo, non só estéticamente (poden considerarse auténticas ??bacenillas colgantes?) que cun pouco de vento non farán outra cousa que meter ruido, senón que mais cableado polas paredes e atravesando a rua de parte a parte amosan unha imaxe do pobo que non nos gusta em absoluto.
Dende o BNG pedimos que se proceda ao soterrado do cableado (telefônica, electricidade, etc) pois é o que se está a facer em todas partes.

Organización do entroido
Despois da deficiente e nefasta organización do entroido neste ano, na que a Sra. Alcaldesa se repartiu os premios para si misma, e de diferentes categorias, o BNG preguntou porque se estaba a ??marear? aos pais dunha parella que resultando cun premio no concurso de disfraces, a dia de hoxe ainda non se lle dou este. ¿Como é posible que lle outorguen um premio e logo non se lle entregue porque según o ??desgoberno municipal? o premio xa llo deron a outros e agora non saben a quen foi?. A que altura de esperpento chega a actuación da Sra. Alcaldesa e dos seus socios, que fan ir polo concello aos pais dos afectados xa em tres ocasións e inda hoxe non recibiron tal premio, figurando como merecedor del na páxina web ofical do concello de Pontecesures. A resposta, ante a evidencia dos feitos, non foi outra que se intentará facer mellor para a próxima e xá está.

Tala de árbores xunto ao monumento ao Coche de Pedra. O BNG preguntou porque se habían talado as árbores nesa zona, se a política deste desgoberno era talar árbores e sustituir por cemento. Previamente, nos informes de presidencia, por primeira vez, a Sra. alcaldesa delegou este tema no tránsfuga (debe ser que ela non tiña estudiado o asunto) e este leu um amplísimo dossier, que o único interesante que viña a decir era que as árbores estaban em fase de senescencia, é dicir que ian indo para vellas, e que aconsellaban cortalos e comprar outros.

Dende o noso grupo municipal manifestámonos totalmente en contra desta decisión e poñemos en tela de xuízo tal informe, pois quixemos contar coa opinión dunha experta na materia, que se personou no lugar e da análise dos restos, asegurou que estas non tiñan enfermidade algunha e que ao seu xuízo gozaban de perfecta vitalidade, atendendo ao estudo das raíces, resina e outros elementos.

O tránsfuga manifestou que non coñecía nin oira a nadie do pobo, salvo aos ??nacionalístas? que estivera disconformes coa tala destas árbores. A resposta do BNG foi: ??vostede non oe o que non lle convén?

Gobierno y BNG de Pontecesures vuelven a polemizar por la feria del automóvil.

El grupo de la oposición en Pontecesures, el BNG, volvió a poner en tela de juicio la actuación del gobierno local en relación a la celebración de la feria del automóvil Fegaclasic, celebrada el 16 y 17 de mayo, organizada por la asociación Mirádonlle os Dentes.

No es la primera vez que el Bloque acusa al Concello de tratar de torpedear este evento y ahora insiste en este argumento. Critica la ausencia de la alcaldesa en los actos, la falta de colaboración económica del Ayuntamiento y que no se cortase el tráfico rodado por el centro del pueblo durante la ofrenda floral en el monumento del Coche de Piedra. El Bloque tiene claro que se trata de una «revancha» contra la asociación por parte del gobierno local que, este año, optó por organizar otra feria del automóvil en el mes de abril.

Desmentido de Sabariz

Por su parte, el concejal de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz, desmintió ayer que haya persecución alguna contra esta asociación ni su feria. Señala que sí hubo presencia institucional en varios actos y sí hubo colaboración a la hora de poner a disposición de la feria los baños de la plaza de abastos y de organizar el tráfico, y que si hubo algunos fallos no siempre pueden ser achacables al Concello. En todo caso, Sabariz avanza que en el pleno de esta noche el gobierno local dará las explicaciones necesarias al respecto de este asunto.

LA VOZ DE GALICIA, 25/05/09