O grupo “Algueirada” actúa mañá na festa dos socialistas galegos.

Mañá día 9 ás 12 horas, celébrase, no recinto ferial de Fexdega de Vilagarcía, esta festa anual dos socialistas galegos que en anos anteriores se celebraba en Caldas de Reis. Está prevista a asistencia de 5.000 persoas entre directivos políticos, militantes e simpatizantes. Haberá intervencións do secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, do secretario de organización do PSOE estatal, Pepe Blanco de do secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez.

Para amenizar a chegada de comensais e visitantes actuará o grupo folclórico cesureño “Algueirada”. Tamén haberá outras actuacións musicais como a banda “Big Band de Vilagarcía” e o conxunto vigués “Nievla”.

Hoxe, 8 de setembro Romaría da Virxe da Escravitude.

Hoxe sábado celébrase esta tradicional romaría no Santuario da Virxe da Escravitude (Padrón) á que acoden moita xente da comarca.

Hai misas dende as 8 da mañá, celebrándose a solemne a partir das 13 horas cantada polo coro parroquial.

Ademáis de gaiteiros de Carcacía, na sesión vermouth actuará a orquestra “Los Burdon´s”.

Pola noitiña comezará a verbena, actuando “O SHOW DOS MALDADOS.COM” e “LOS BURDON´S”

O cesureño Daniel Seijas segue a triunfar co seu programa en Radio Valga

Tódolos xoves a partir das 19 horas comeza o programa “PALCO DE ESTRELAS” en Radio Valga (107.4) dirixido e presentado polo polifacético Daniel Seijas residente en Redondo (Pontecesures).

O programa está adicado ó mundo das orquestras, onde Seijas é un especialista contrastado. Hai entrevistas en directo e liña telefónica aberta para tódalas persoas que deseñan opinar sobre sobre estes grupos ou plantexar queixas, suxerencias, solicitar diversos temas, etc…

O programa é divertido, con tono desenfadado e prima a improvisación. Remata sobre ás 2.30 da madrugada, aínda que como Seijas nunca ten presa, máis ben hai que dicir que remata cando lle pete ó presentador cesureño.