“Lecer para os nosos maiores”. Encontro en Carballiño.

DÍA 14 DE XU?O

O Concello de Pontecesures vai colaborar coa Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar Social no 3º encontro do Programa “Lecer para os nosos maiores” facilitando o trarsporte (54 prazas) para as persoas maiores de Pontecesures poidan achegarse ao Carballiño e participar nestre encontro de maiores.

Programa:
-Saída ás 9 da mañá desde a Plazuela.
-Sesión Vermú.
-Coñecendo o País: actividades interactivas.
-Xantar nas carpas acondicionadas e restaurantes, con precios asequibles (Non incluído, os e as participantes páganse os produtos que queiran consumir).
-Obradoiros Galegos: actividades interactivas con demostración en vivo.
-Xogos Galegos: actividades interactivas con práctica de xogos tradicionales.
-Gran Romaría Galega: actuación de orquestras e diversas animacións.

Inscricións: do 15 ao 22 de maio.

Requisitos: ser maiores de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito estan eximidos deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

Prazas limitadas. Se non hai un mínimo de 30 prazas cuberrtas suspenderase a viaxe.
Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.

1ª CAMI?ATA POR PARELLAS – CONCELLO DE ROIS

1ª CAMI?ATA POR PARELLAS 

15 KM. 

SABADO, 21 de XU?O DE 2008 

      

SAIDA: 18:30 (Poli Mpal)  CHEGADA: 22:30 (Igrexa San Mamede)  

 

INSCRIPCIONS e INGRESOS:Parella 10 Euros no Bco.Galicia-Cta: 0097.8997.09.0600045859Deberase enviar xustificante do ingreso e boletín inscripción o fax: 981.811.782       

ORGANIZA e PATROCINA: CONCELLO de ROIS 

COLABOURA: ASOCIACION COLECTIVO REMONTE 

AVITUALLAMENTO.

O longo do percorrido haberá 1 punto de avituallamento, coa finalidade de proveer os participantes de auga e froita, será no Km 9 (Igrexa de O Aido).

                                                                                                                                                                                                                                          

CONTROIS                                                                                                                                                                                                              Haberá  Dous: no Km 9,000 (Igrexa do Aido) e no Km 12,000 (Rubieiros).

Será de obriga pasalos ca  parella  para poder optar os Diplomas Acreditativos

 

OBSERVACIONS e RECOMENDACIONS.

As parellas poden ser Masculinas, femeninas ou Mixtas                                                                                                                      

Circular sempre pola esquerda

Usade calzado comodo de deporte.Levade viseira e pequena mochila.

Observar o balizamento (cintas negras/vermellas e sinais no chan)

O tempo máximo permitido será de 4:00 Horas (Tope 22:30).

O final da proba servirase una churrascada amenizada con grupos do país.

 

SAIDA:

18:30 Horas; dende o Polideportivo (Para recoller os dorsais, haberá que estar  45 minutos antes).  onde haberá aparcadoiros e duchas. 

CHEGADA TOPE: 22:30 Horas; na chaira da Igrexa de San Mamede de Rois.

                      

Poderan particiar menores acompañados de un adulto.

INFORMACION: 630.708.435 /  699.873.737

O 6 de maio festa na honra de San Xoán do Raio en Padrón.

Ás 11:00 horas haberá pasarrúas co grupo Airiños

Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada pola Coral das Aulas da 3ª Idade de Padrón.

Ás 13:00 horas no Auditorio actuará a citada coral.

O Colectivo da 3ª Idade do Concello de Padrón poderá participar a continuación nunha comida de confraternidade no Restaurante Scala onde haberá baile ás 17:30 horas, rematando os actos ás 19:00 horas.

Dende ás 10:00 horas da mañá estará operativo un servizo de autobuses para recoller ás persoas maiores que desexen asistir ós actos festivos.

Tódolos actos son organizados e patrocinados polo Concello de Padrón (Concellería da 3ª Idade).

O vindeiro fin de semana, festas de San Miguel en Valga.

Venres día 2 de maio, Festa da Primavera.
Verbena: Orquestra JERUSAL?N de Pontevedra.

Sábado día 3 de maio, na honra da Virxe do Carme.
13:00 Misa solemne e procesión. De seguido sesión vermouth pola charanga Santiaguiño.
Pola noite verbena: MASTER de Pontevedra e D’NIVEL de Asturias.

Domingo día 5 de maio, na honra de San Miguel.
13:00 Misa solemne. De seguido actuará o grupo de gaitas e danza de Valga.
17:00 Xogos infantís.
20:00 Concerto da Banda de Música Municipal de Valga.
Pola noite verbena: CHARLESTON BIG BAND