Apertura dun novo local

Este sábado será a apertura oficial dun novo local en pontecesures, será un pub.
Chamarase “A TENTACI?N DE BES”

Nome que se debe a un trasno da mitoloxía galega que era moi amigo das troulas e de beber en gran cantidade.
Conta para atraer á xente cunha estética innovadora, moi boa música e un servizo de calidade para o cliente.
Cun amplo surtido de bebidas coas que se poden poñer en práctica moitos xogos, como rondos de chupitos…
Para que os séus clientes poidan disfrutar deles teñen unha carta de xogos con bebidas, e ofrecen a posibilidade de que ti mesmo inventes o teu chupito, eles poñen os ingredientes e ti mezclas…. ¡¡ a divertirse !!
Sumándose a estes xogos tamén contan con unha decoración moi viva en cores verdes e laranxas cun gran espectáculo láser e unha tarima para poder bairar!

Para os mozos compre dicir que teñen dúas camareiras moi guapas e simpáticas e prás mozas, que non se desanimen, que teñen un camareiro moi guapo e un dj tamén de moi bo ver.

Animádevos e ide a coñecelo!

Recordade o nome: “A tentación de Bes” na rúa principal de Cesures moi preto da discoteca Maty.

A tentaci?³n de Bes

Máis imáxenes na sección: Movida Cesureña da galería de imáxenes.

Festividades de Pontecesures

San Xulián: o 7 de Xaneiro. (patrón do concello).
San Lázaro: o domingo de Paixón. Esta romería data do S. XIV, polo que está considerada como a máis antiga de Galicia. Nela tamén se celebra a festa gastronómica de degustación da lamprea.
Virxe do Carme: primeiro domingo de Xullo.
San Roque: no mes de Agosto. Nela pódese degustar unha gran mexilloada.
Santa Lucía: 13 de Decembro.

Antigamente celebrábase a FEIRA DO AUTOM?VIL USADO. Pontecesures ten a honra de ser o pobo que a organizou por primeira vez en España, en Xuño de 1925. Posteriormente celebráronse novas edicións en 1926, 1950 e 1954.

Feira do Automovil de ocasion