
Festas
Festas patronais, entroido, romarías, verbenas, orquestras, mercadiños e celebracións populares.
Festas patronais, entroido, romarías, verbenas, orquestras, mercadiños e celebracións populares.
Será logo da misa das 18:00 horas. Entre a misa e a representación, serán interpretadas unhas panxoliñas no templo. Para isto, o párroco fixo un chamamento para que as persoas de máis idade lembren as panxoliñas máis antigas e as interpreten alí coa axuda de todos os asistentes nun acto participativo.
Despois de que non asistira moita xente á degustación do chocolate con churros nas festas de Carreiras (todo un clásico das festas de inverno da zona) da derradeira edición, para este ano 2010 volverase a servir o chocolate con churros o sábado durante a verbena seguindo a tradición. A verdade é que nas noites de frío do inverno, o chocolate quentiño con churros fai entrar en calor a calquera.
SÁBADO, 9 DE XANEIRO.
-Pola mañá disparo de foguetes.
-Alborada pola charanga Apeles.
-Ás 12:30 h., misa cantada polo Coro da Armenteira.
-Despois da misa, poxa de ramos no Campo da Festa e sesión vermouth coa orquestra Abanico.
-Pola noite, gran verbena a cargo de Abanico e Suavecito.
-Á 1 da madrugada, servirase o chocolate con churros, de balde, no Campo da Festa.
DOMINGO, 10 DE XANEIRO. Festa dos rapaces.
-Ás 16 horas haberá inchables e touro mecánico a cargo de Diverneno, sendo a entrada e a participación de balde.
Será instalada unha carpa no campo da festa, e os organizadores agradecen a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Deputación Provincial e do Concello de Pontecesures.
Saiu dende a nave almacén da rúa Avelino Pousa Antelo sobre ás 11:30 horas do día de hoxe, 24 de decembro. Percorreu diversos lugares do municipio e as rúas centrais, botando caramelos aos nenos/as e maiores que ía atopando no camiño.