INFORMACION IMPORTANTE PARA OS RAPACES/AS DE PONTECESURES.

Esta mañá o Alcalde de Pontecesures mantivo unha video conferencia coas súas Maxestades os Reis Melchor, Gaspar e Baltasar para interesarse cómo están pasando as festas e programar este próximo día de Reis.

Como todos sabedes esta situación epidemiolóxica está a converter unhas festas entrañables como o Nadal e Reis nun período un tanto extrano, obrigando a tomar medidas que eviten no posible as aglomeracións de xente e obligando a extremar as medidas de seguridade.

É por tanto que este ano acordamos coas súas Maxestades que os regalos para todas as nenas e nenos de Pontecesures serán deixados na Casa do Concello e será éste quen se encargue de facerllos chegar.

De este xeito evitaremos situacións de risco para toda a veciñanza e faremos chegar os xoguetes que as súas Maxestades nos deixen a cada neno e nena de Pontecesures.

ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN NADAL 2020 EN PONTECESURES.

LOCAL ANEXO AO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

CAMPAMENTO DE NADAL:

23, 28, 29 e 30 decembro de 9.00 a 14.00 horas.

Nenos/as de 3 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 18 de decembro.

OBRADOIRO DECORACIÓN DE NADAL:

7, 14, e 21 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 6 de decembro.

OBRADOIRO CICLO DE COCIÑA INFANTIL DE NADAL:

10, 15, 17, 22 e 29 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 9 de decembro.

CONEXIÓN CO PAXE REAL E RECOLLIDA DE CARTAS:

9, 16, 23 e 30 decembro de 17.30 a 19.00 horas.

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de inscrición ata o 8 de decembro.

CONCURSO DE POSTAIS  DE NADAL:

Entrega de traballos nas oficinas municipais ou no mail xuventude@pontecesures.org

Nenos/as de 5 a 13 anos.

Prazo de presentación de traballos ata o 15 de decembro.

Actividades subvencionadas pola Deputación de Pontevedra.

 BASES CAMPAMENTO NADAL 2020
 BASES OBRADOIROS (TODOS) NADAL 2020
 BASES CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2020
 FICHA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO NADAL 2020
 FICHA DE INSCRICIÓN OBRADOIROS NADAL 2020
 FOLLETO INFORMATIVO CONCILIACIÓN NADAL 2020

RESTAURACIÓN DA BANDEIRA E DA ACTA DA LIGA DE AMIGOS DO CARMEN.

Esta semana recibimos a visita de unha técnico do Museo de Pontevedra para valorar a restauración da bandeira da Liga de amigos do Carme e a Acta da entrega de dita bandeira.

Ambos símbolos teñen unha importante relevancia para o pobo de Pontecesures, e unha vez solicitada á Deputación asistencia técnica para a sua restauración, o Servizo de Atención Intermunicipal (SAIM) confirmou a disposición de persoal especializado do Museo para levar a cabo a restauración de ambos emblemas cesureños.

A bandeira da Liga de amigos do Carmen foi traída dende A Habana no ano 1912 polo presidente da “Sociedad Hijos de Puentecesures” na Habana e o apoderado do Centro Gallego, José Llerena Braña donada polos cesureños residentes en Cuba.

Na acta de donación aparecen nomes como Bandín, Temperán, Carrera, Magariños, Mosquera, Abalo e Llerena, os mesmos que máis tarde fixeran un donativo para a adquisición do “Gabinete de Física y Química” da Escuela Graduada.

De máis recente aparación foi a Acta fundacional, cedida hai un par de anos por descendentes da familia Llerena, un dos asinantes daquel primeiro documento e que estaba gardada na caixa forte do Concello á espera de conseguir persoal técnico que puidese devolverlle o seu aspecto orixinal.

A pretensión do Concello de Pontecesures é, unha vez restaurados, expoñer ambos emblemas no Salón de Plenos da Casa do Concello para poder ser contemplados por toda a veciñanza.