
SUSPENDIDO POLO AVISO DE MAL TEMPO TANTO O FESTIVAL INFANTIL DESTA TARDE COMA A POSTERIOR VERBENA PREVISTA PARA A NOITE.
PROXIMAMENTE DARASE A COÑECER A NOVA DATA DESTES EVENTOS.
Festas patronais, entroido, romarías, verbenas, orquestras, mercadiños e celebracións populares.

SUSPENDIDO POLO AVISO DE MAL TEMPO TANTO O FESTIVAL INFANTIL DESTA TARDE COMA A POSTERIOR VERBENA PREVISTA PARA A NOITE.
PROXIMAMENTE DARASE A COÑECER A NOVA DATA DESTES EVENTOS.

En relación coa nota publicada en diferentes redes sociais relativa á actuación do equipo de gobernó deste concello sobre a falta de colaboración coa comisión de festas de San Roque de Porto, fanse as seguintes consideracións:
1.- Autoría.
Este equipo de goberno cuestiona a autencidade do comunicado sen máis aval que un mero perfil de Facebook, cuestionándose por tanto que dito escrito reflicta o sentir xeral de toda a comisión de festas de San Roque de Porto.
En relación a esta cuestión o equipo de goberno convida ós autores a que participen diante deste órgano o seu malestar, co único obxecto de atopar solución as súas inquedanzas.
2.- Contido.
Na poxa de ramos da última festa de San Roque públicamente se fixo constar que a comisión de festas non continuaría coa organización da festa un ano máis, invitando ós veciños ou a un novo equipo a facelo.
Entendemos pois que esta nota está fora de lugar e tempo e fainos pensar que se trata dunha maniobra con un marcado sesgo político.
3.- Non é certo que:
O actual equipo de goberno non teña apoiado a realización e promoción da festa, tampouco é certo que osbstaculice e impida ou interfira na celebración da mesma.
O equipo de goberno cíñese exclusivamente a esixir a documentación que por lei corresponde.
Este equipo de goberno valora positivamente a labor realizada pola comisión de festas de San Roque de Porto ao longo de tantos anos; non obstante a normativa esixe unha serie de requisitos que se teñen que cumprir en canto a ocupacións de vía pública e seguridade do evento, cuestións éstas que non poden quedar en mans dunha comisión senón que deben ser tuteladas dende a Administración Local.
Cuestionado o medio que con tanta frecuencia se ven empregando últimamente por parte de diversos colectivos para facer chegar suxerencias ou críticas a este equipo de goberno, decir que dende este equipo de goberno sempre estaremos abertos a contactos coa comisión de festas como se fai co resto de comisións que organizan festas en Pontecesures a fin de achegar posturas dun xeito cordial e respetuoso como foi norma ata o de agora.
Ó entender de este equipo de goberno as manifestacións vertidas nas redes sociais sobre a problemática que orixina este desencontro ten máis que ver coa colocación das barras de bebidas e as solicitudes que reiteradamente ser viñan prohibindo. Este ano se permitiron novas ocupacións para ese fin co conseguinte remate do “monopolio” por parte dalgún hosteleiro membro da comisión. Esta colocación das novas barras de bebidas fíxose con tódalas garantías e permisos legalmente esixibles.
Sendo conscientes de que a colaboración prestada polo Concello é a mesma e na mesma medida durante estos últimos anos de goberno, invitamos a que se contraste esta queixa e se verifique e informe de cales son as trabas que sufren e os impedimentos que se lle poñen para o bo fin da festa.
Dende este Equipo de Goberno estamos sempre abertos ó diálogo e ó achegamento de posturas, pero sempre dun xeito dialogante e sereno, e non con publicacións que xeneren desconfianza e confusión entre veciños e visitantes.
Hoy viernes, a las 19.00 horas en la iglesia parroquial de Santiago de Padrón se celebra la misa por el primer aniversario del fallecimiento de Ramona Amparo Frojan Díaz, Chicha en el entorno familiar y conocido, esposa del colaborador de EL CORREO en Padrón, José Castro Cajaraville. Su esposo y sus hijas Pilar y Sesi, agradecen la asistencia al acto litúrgico.
El Correo Gallego
Hola a todos.
Dende a comisión de festas de San Roque de Porto queremos facer unha aclaración posto que a xente nos está a preguntar continuamente pola festa do ano 2019 e os rumores que corren son moitos.
Logo da reunión mantida ao rematar a festa do ano 2018 por parte dos membros da comisión acordouse que:
Debido aos problemas que superamos durante os últimos anos e que se viron incrementados este último, por parte do actual equipo de goberno do concello de Pontecesures. Decidimos non continuar coa realización moi ao noso pesar da festa de Porto, debido ao abandono da práctica totalidad dos membros da comisión en gran parte por estes motivos. Para nós foi unha decisión moi dura logo de tantos anos de traballo e esforzo por parte dos actuais membros da comisión e dos que o foron ata hay pouco. Empregamos moitas das nosas horas libres en sacar adiante unha das que consideramos máis importantes festas da comarca, algo que se conseguiu froito do traballo de moitos anos. Por parte do actual equipo de goberno non se está a recibir ningún tipo de apoio, pero non só eso senón que o único que se recibe son travas e impedimentos para realizar a festa. Problemas a hora de solicitar e tramitar papeis e intromisión da corporación municipal na organización da festa, querendo estes gobernar a festa ao seu antollo. Levamos moitos anos organizando a festa e non estamos dispostos a que a política se pretenda mezclar en unha festa na que o único fin é facer desfrutar de uns agradables días de festa a xente do pobo e toda a xente de fora que nos acompaña neses días.
É unha nova moi triste e para nada a levamos a cabo de bo gusto pero vémonos na obriga xa que non vamos a permitir que logo do traballo realizado ao longo de todo un ano se nos intente botar abaixo a nosa festa. Intentouse por parte do concello este último ano e logo de moitos problemas conseguimos sacala adiante pero agora decidimos rendirnos. Todos temos vida privada e familia, e o noso tempo libre adicabámolo de bo gusto a realización das festas pero agora xa chegamos ao punto no que consideramos que estes problemas non nos poden afectar na vida persoal a cada un de nós. Parece ser que o actual goberno do concello non quere que se realice a festa de Porto e así o van conseguir. Moi tristemente comunicamos que este ano 2019 non vay haber festa en Porto. Esperamos que o equipo de goberno rectifique nos seus erros e isto sexa un simple ata pronto e non se perdan unhas festas tan importantes.
Esta nota informativa xa sabemos que vay dar pé a un sin fin de comentarios de todo tipo pero non pretendemos entrar en ningún tipo de guerra co cal decimos de antemán que non vamos responder a ningún tipo de comentario. O fin desta nota e aclarar o que pasou a toda a xente interesada que sabemos que é moita.
Grazas a todos os que apoiaron e fixeron posible a festa durante todo estes anos.
Un saudo.