A Cabalgata que non foi tal

A penosa programación de Nadal do Concello de Pontecesures non podía ter outro colofón: a Cabalgata de Reis (ou máis oportunamente, Andaina de Reis), non nos defraudou en absoluto. Para os que sospetaibamos da improvisación e a desidia como pautas do actual equipo de goberno con todo o relacionado coas actividades culturais, o resultado da programación de Nadal non puido ser máis triste.
Non negamos que a chegada dos Reis polo río era un bo arranque para a Cabalgata, pero o que é imperdoable é a eliminación do recorrido en carrozas polas rúas do pobo. Un acto que era do agrado de toda a veciñanza , dos comerciantes e hostaleiros do pobo, e en especial, dos nenos e nenas da vila. Esa Cabalgata, que xa era unha tradición neste pobo, foi sustituida por un paseíño desganado e desordenado ata a Plazuela.
Só hai unha explicación ao sucedido: a desidia e o pouco esforzo adicado a esta actividade. Non era unha cuestión de presupuesto, só de traballo e interese polo pobo.

«Móvete Dance» en Pontecesures.

Día 7 de enero?16.30 horas.?Plazuela de Pontecesures?

La asociación de empresarios de Pontecesures organiza una actividad que invita a mover el cuerpo y a la solidaridad. Quienes participen en esta sesión «dance» deberán aportar un alimento no perecedero que se donará a Cáritas. Se sorteará n un fin de semana, una cena y cuatro vales de 25 euros.

La Voz de Galicia

O BNG de Pontecesures critica a “inexistente” programación de Nadal

(Voz de Galicia 29/12) El objetivo, señala el alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, es «dar algo más de ambiente festivo a la jornada».
“Algo más”, ten razón o alcalde, porque o ambiente festivo no noso pobo é inexistente.Podíamos poñer un alumeado de Nadal que lle dera un pouco de vida ó pobo, o comercio, á hostelería. Convirán con nós en que lle quedou un pouco escaso, non? Eso sí, temos unha carpa plantada na Prazuela destinada a albergar a INEXISTENTE PROGRAMACI?N de Nadal dende o día 23 de decembro. Ah! as uvas! qué importa que as predicións atmosféricas deran, tanto para o fin de semana de Nadal como para o de fin de ano, ceos claros e despexados? Unha carpa viste moito, a verdade
Quedaron cartos e hai que gastalos, ¿en facer un programa con actividades gratuitas para os rapaces que se atopan de vacacións, como se fixo ata o ano pasado? Parvadas, en colocar unha carpa que sona como unha caixa rexistradora cada día que pasa (en canto vai sair esta broma?) amarrada con dúas pedras que ocupan a beirarrúa e impiden o paso da xente.
Obradoiros; sesións de cine polas tardes; torneos deportivos; teatro; actividades….todo GRATUITO. Así foi o programa de nadal do ano pasado (e anteriores), ofrecendo unha alternativa lúdica accesible para tod@s
Xa non falamos do fiasco da Festa de Bicicleta. Dende aquí aplaudir á concelleira de deportes polo acerto de trasladar o evento ó mes decembro; de seguir adiante cando se anunciaba choiva para todo o día; por discurrir unha parte do circuito a escuras (Porto) xa que nos metemos na noite; pola participación máis baixa de todas as convocatorias que se levan feitas e por cortarlle a rúa central do pobo ó comercio local a víspera de noiteboa.Parabéns, señora Espadas, amosan vostedes unha gran capacidade de organización e previsión en todas e cada unha das actividades que levan a cabo.

En Pontecesures uvas al medio día para despedir el año.

El Concello de Pontecesures recupera la toma de uvas al mediodía en la Plazuela. Se repartirán alrededor de 300 bolsas con las doce uvas y cotillón. Para que no haya sorpresas con la hora, desconectarán el reloj de la iglesia y lo activarán manualmente. El objetivo, señala el alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, es «dar algo más de ambiente festivo a la jornada».

La Voz de Galicia